HomeCultura'Concerto en familia' da Banda de Música de Chantada para celebrar 'Santa...

‘Concerto en familia’ da Banda de Música de Chantada para celebrar ‘Santa Icía’

Leva por título "Era unha vez..." e nel participará o narrador chantadino Jose Varela. Será este sábado 25 de novembro ás 19:30 h. no Auditorio Municipal de Chantada e con entrada de balde.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A Banda de Música de Chantada realiza este sábado 25 de novembro o seu tradicional Concerto na honra a Santa Icía, patroa dos músicos. Levará por título “Era unha vez…” e no transcurso do mesmo tres historias ben diferentes cobrarán vida coa participación do narrador de Chantada Jose Varela.

Abrirá o concerto Bassi, la marioneta, obra de Ferrera Ferrán para tuba e banda para a que se contará como solista con José Ramón Ratón Varela. Bassi é unha marioneta que está condenada a ser manipulada polo seu dono. Aínda así, sempre atopa o momento para poder sentirse ela mesma. Un día, ao final dunha actuación e xa no medio da noite e o silencio, Bassi cobra vida e fai un chamamento a tódalas súas compañeiras: “saíde, saíde… estamos soas,… xa podemos bailar e divertirnos”. Nese intre, todas saen das súas caixas e comezan a bailar xuntas un valse que as fai donas da súa independencia, resolvendo todo este baile nunha festa chea de alegría e de ilusión.

Seguidamente, e tamén do mesmo autor, interpretarase Érase unha vez… a música. Trátase dunha obra para narrador e banda na que se vai contando a emocionante historia da música, descubrindo como apareceron os primeiros sons da natureza, os sons que producían os humanos coas súas voces e cos instrumentos que inventaban a partires dos ósos e peles de animais que cazaban… ata chegar á invención das notas musicais que hoxe coñecemos. A través da voz de Guido D’Arezzo, monxe medieval considerado o “pai da notación musical”, a Banda de Música de Chantada percorrerá países e culturas descubrindo como era a música en cada un deles.

E para rematar, Gulliver´s Travels, ou o que é o mesmo, As viaxes de Gulliver, do compositor belga Bert Appermont. Trátase dunha obra baseada no famoso conto do escritor e clérigo irlandés Jonathan Swift, considerada un clásico da literatura universal. Conta as fantásticas viaxes do cirurxán e capitán de barco Lemuel Gulliver tras o seu naufraxio nunha illa perdida. Pronto Gulliver descubrirá que a illa está habitada por unha incrible sociedade de seres humanos de tan só seis polgadas de estatura.

“… e ata aquí podemos ler, porque o resto, saberémolo este vindeiro sábado día 25 da man de Jose Varela a da Banda de Música de Chantada”, comentan os organizadores do evento.

ÚLTIMAS

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...