HomePolíticaRosa Arza asume a presidencia do PP de Quiroga

Rosa Arza asume a presidencia do PP de Quiroga

Rosa Arza é a máxima responsable de Novas Xeracións da provincia de Lugo, foi concelleira en Quiroga, senadora na pasada lexislatura e tamén presidiu a agrupación local de Novas Xeracións.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Partido Popular de Quiroga comeza unha nova etapa coa celebración do seu congreso local no que os afiliados e afiliadas apoiaron como presidenta da formación a Rosa Arza. “Non o fai soa, xa que conta cun gran equipo que a arroupa nun reto importante”, segundo subliñou a presidenta do PP provincial, Elena Candia, durante a súa intervención no congreso ao que asistiron tamén distintos membros da dirección provincial, senadores, deputados, alcaldes e portavoces.

Rosa Arza apuntou como obxectivo do PP de Quiroga para esta nova etapa -na que  contará cun 62% máis de afiliados e afiliadas- “volver encabezar a corporación local e conseguir que Quiroga se convirta no lugar no que calquera persoa querería vivir”. E para iso sinalou a súa vontade de “traballar baixo o paraugas dun proxecto común, no que todos están convidados a participar, baseándose en piares como a unidade, o traballo en equipo, a motivación, o talante, a eficacia e, por suposto, a xestión”. A presidenta electa asegurou que era un privilexio poder traballar por Quiroga e polos quirogueses, agradeceu o apoio de todos os membros do Partido Popular de Quiroga.

A Xunta Directiva do PP de Quiroga estará constituída por todos os afiliados e afiliadas, segundo explicou a presidenta local, “tanto os que xa o eran coma os que acaban de chegar. Vou contar con cada unha das persoas que ama Quiroga”

Na fase previa á celebración do congreso local presentou 120 avais, sobrepasando en 90 o mínimo necesario para ser proclamada candidata. Os seguintes pasos serán a conformación dos distintos comités.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...