HomeCultura"Contos Arrianos" de Sarabela Teatro o 30 de novembro no Multiusos de...

“Contos Arrianos” de Sarabela Teatro o 30 de novembro no Multiusos de Monforte

Dentro do Ciclo da Rede de Teatros e Auditorios da Xunta, este xoves, 30 de novembro, ás 20:15 no Edificio Multiusos terá lugar a posta en escena da obra para adultos "Contos Arraianos", da compañía Sarabela Teatro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O teatro volve esta semana a Monforte, dentro do ciclo de teatro deseñado polo Equipo de Goberno para o segundo semestre do ano 2023. “Contos Arrianos” é unha obra coa autoría de Xosé L. Méndez Ferrín, dirixida por Ánxeles Cuña Bóveda e como elenco artístico, Fernando Dacosta, Elena Seijo, Fran Lareu, Sabela Gago, Fernando González, Vadzim Yulnevich e Fina Calleja. A representación dirixida a público adulto terá un prezo de 5 euros a entrada xeral e de 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados.

Sinopse

Na fronteira, liña invisible entre a Galiza interior e o norte de Portugal; de brétema, choiva, neve onde se funden a realidade e a ficción; a vida e a morte. Entre o misterio e os impulsos da terra. Entre o ser humano e as forzas da natureza. Entre o poético e o mítico, alén da xeografía. No límite da fantasía.

A idea de fronteira, da liña divisoria, punto de escisión e de unión, lugar de encontro e separación. Espazos vitais nos que os límites non só físicos, están na condición humana, no que de verdade nos converte en arraianos.

En Arraianos, Ferrín crea un novo mundo mítico, a Raia, con 10 relatos literarios. Sarabela Teatro elixe e transforma dous: “Medias azuis” e “Lobosandaus”.

Arraianos é unha suma de relatos excelentes que estremecen e fan deambular por mundos nos que transitan o erotismo, o misterio, a miseria, a conciencia, e a grandeza de alma e de vida. Historias de meigas, contrabando, caciquismo e agrarismo.

Temas inquietantes, extraordinarios e fermosos. Universos ateigados de cadencia, fondura e emoción. Dunha beleza inmensa e ao tempo terrible e evocadora, Ferrín consegue reconciliarnos coa maxia da súa delirante maneira de describir o mundo. Arraianos mereceu o Premio da Crítica galega, o Premio da Crítica española e o Premio Lousada Diéguez en 1992.

A seguinte obra programada polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte, dirixida para público infantil e familiar, será The show moscón de Galitoon que terá lugar o domingo, 3 de decembro, no Edificio Multiusos ás 18:00 h, sendo a entrada de 5 euros a xeral e de 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...