HomeDeportesÁlvaro Gómez, con orixes soberinas, dobre campión nacional de bádminton Sub-11

Álvaro Gómez, con orixes soberinas, dobre campión nacional de bádminton Sub-11

O deportista competía baixo a disciplina do Club Escola Rosalía de Vigo a pasada fin de semana na cidade de Cartaxena. Ademais dos 2 ouros, acadou outra medalla de bronce.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Club Escola Rosalía de Vigo de Bádminton vén de acadar uns moi bos resultados no Campionato de España celebrado a pasada fin de semana na localidade murciana de Cartaxena. Dos deportistas participantes, o xogador Álvaro Gómez Vázquez, residente en Vigo pero con raices soberinas, acadou dous ouros e un bronce na categoría Sub-11.

Concretamente, proclamouse dobre Campión de España nas modalidades de dobres masculino e dobre mixtos e levou un bronce na modalidade de individual masculino.

Segundo indican dende o club vigués, Álvaro Gómez pasa longas tempadas na vila de Sober xa que os seus avós residen nese concello.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...