HomesociedadeSementando Igualdade no concello de Bóveda

Sementando Igualdade no concello de Bóveda

O Concello de Bóveda aproveitou a conmemoración do 25N para agasallar a cada alumno do CEIP Rosalía de Castro cunha guía dos Bolechas baixo o título 'En Bóveda somos iguais'.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A concelleira de Cultura e Ensinanza, Cristina Juíz, visitou o CEIP Rosalía de Castro de Bóveda para achegarlle aos nenos e nenas a campaña de sensibilización contra a violencia de xénero ‘Sementando igualdade’. A concelleira entregou á directora do centro, Ana de la Fuente, a árbore da igualdade. O alumnado tamén recibiu unha pegatina con este emblema e exemplares do libro ‘En Bóveda somos iguais’.

Esta acción forma parte da campaña ‘Sementando igualdade’ coa que o Goberno local pretende seguir afondando na importancia de conseguir unha igualdade real entre homes e mulleres. De aí a creación da árbore da igualdade, que pretende converterse nun símbolo con presenza en todo o Concello, a través da súa colocación nos distintos espazos públicos municipais.

Bóveda 25N Sementa igualdade 2023 / Concello de Bóveda

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...