HomeDeportesO Concello de Monforte apoia con 5.000 euros a participación de Eduardo...

O Concello de Monforte apoia con 5.000 euros a participación de Eduardo Iglesias no Dakar

O Alcalde recibiu este luns 4 de decembro ao piloto monfortino e ao seu equipo para coñecer a moto e a equipación que levarán ao Rally Dakar 2024, proba que terá lugar do 5 ao 19 de xaneiro.

Publicado o

POR
redaccion
- Advertisement -

O piloto Eduardo Iglesias volverá competir no Rally máis duro do mundo e farao co dorsal número 38. Este luns 4 de decembro achegouse ata a praza do Concello de Monforte, lugar onde tivo a recepción do alcalde, o técnico de deportes e outros membros do equipo de goberno. O acto serviu para dar a coñecer a moto e a equipación que levará á proba, e tamén como despedida na que todos lle desexaron sorte nesta nova aventura.

CONSOLIDAR A PARTICIPACIÓN E MELLORAR A CLASIFICACIÓN

Este 2024 será o quinto ano consecutivo no que participa o piloto monfortino, e por este motivo, o Alcalde desexoulle o maior do éxitos en nome de todos os monfortinos, e intentou motivalo esperando “que non teña accidentes como tivo na pasada edición na etapa prólogo, e que, se pode, supere o mellor posto acadado, que foi o 53 que conseguiu na edición de 2021”.

Eduardo Iglesias, nestas catro participacións no Dakar fixo un digno papel, e no último non puido rematar por mor dun accidente. Nas tres probas que rematou quedou entre os 100 primeiros clasificados, nun meritorio posto 94 no ano 2020, no posto 53 en 2021, e no posto 78 en 2022.

APOIO ECONÓMICO DO CONCELLO E DA DEPUTACIÓN DE LUGO

“Dende o primeiro ano, no Concello decidimos apoiar a participación de Eduardo Iglesias no Dakar, e facémolo porque queremos apoiar o talento e o esforzo dun dos deportistas da nosa cidade”, destacou o rexedor municipal. Ademais, e como valor engadido, o alcalde reseñou que o piloto monfortino levará o nome de Monforte, da Ribeira Sacra e de toda a provincia de Lugo por todo o mundo, a través do eco das redes sociais e dos medios de comunicación.

En concreto, o Concello monfortino apoia a participación de Eduardo Iglesias con 5.000 €, aos que se engade outra axuda da Deputación provincial de Lugo, contía económica que descoñece este medio. Tomé Roca xustificou unha vez máis este dobre apoio económico, entendendo que “sen dúbida contribuirá a que de novo Monforte, a Ribeira Sacra e a provincia de Lugo estean representados nun evento deportivo que xenera un enorme seguimento e ten unha repercusión mundial, con máis de 200 millóns de telespectadores”.

O Rally Dakar 2024, considerada a proba de motor máis dura do mundo, desenvolverase do 5 ao 19 de xaneiro de 2024, cunha prólogo e 12 etapas, e 5.000 quilómetros de percorrido por terras de Arabia Saudí.

ÚLTIMAS

Preséntaselle aos concellos o proxecto Turembalses para potenciar o turismo de encoros

“Turembalses dotará ao turismo rural do noso territorio dun elemento de diversificación e atractivo,...

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...