HomeMovementos sociaisNova concentración de apoio a Palestina en Monforte

Nova concentración de apoio a Palestina en Monforte

Mar de Lumes convoca concentracións en apoio a Palestina o luns, día 11. Unha delas será en Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A organización “Mar de Lumes” vén de anunciar unha nova convocatoria para organizar concentracións en solidariedade co pobo palestino para o luns 11 de decembro. Este evento terá lugar, no caso da capital da Ribeira Sacra, ás 20:00 na Praza de España de Monforte de Lemos e baixo o lema “Paremos o xenocidio na Palestina”.

Dende a organización convocante afirman que “a situación en Palestina é motivo de preocupación a nivel global, mentres o estado de Israel non cese a súa criminal agresión e os nosos gobernos sigan a ollar para outro lado chamamos a continuar coa mobilización social e a denuncia do xenocidio co obxectivo xa declarado de anexar Gaza de maneira definitiva. Un xenocidio planificado que xa deixa decenas de millares de mortos, milleiros de nenos e nenas e destrución sen límites”.

MAR DE LUMES

“Mar de Lumes” é unha organización sen fins de lucro que promove a solidariedade e a conciencia social en temas globais. Traballamos para crear un mundo máis xusto e pacífico, e estamos comprometidos coa defensa dos dereitos humanos e a xustiza en todo o mundo.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...