HomeDeportesA Deputación de Lugo financia a participación do piloto monfortino Eduardo Iglesias...

A Deputación de Lugo financia a participación do piloto monfortino Eduardo Iglesias no Dakar 2024

"É unha satisfacción colaborar de novo con Eduardo Iglesias. É un orgullo que sexa o embaixador da provincia de Lugo nun rally que ten máis de 200 millóns de espectadores", manifestou Tomé.

Publicado o

POR
editor
- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, anunciou que a institución provincial apoiará cunha partida de 15.000 euros a participación do piloto monfortino de motos, Eduardo Iglesias, na próxima edición do Rally Dakar, que se celebrará en Arabia Saudita entre os días 5 e 19 de xaneiro de 2024. 

O deportista, que o ano pasado viuse obrigado a abandonar a proba tras sufrir un accidente na primeira etapa, disputará así o seu quinto Dakar, co obxectivo primordial, recoñeceu, “de representar a Monforte e á provincia, terminar o rally” e “se é posible” superar a súa mellor clasificación, o posto número 54 cultivado na edición de 2021.

ÚLTIMAS

A AAVV do Saviñao denuncia un vertedoiro ilegal na Lama de Escairón

Aseguran que fai máis dun ano que a área pública, localizada na Lama de...

Monforte renova as luminarias dos semáforos e instala dispositivos sonoros nos pasos de peóns

A Xunta de Goberno Local do pasado 29 de decembro aprobou a adxudicación de...

O BNG de Monforte solicita a nulidade do acordo plenario na moción que pedía a dimisión de Tomé

Desde o BNG lembran que a decisión de votar unha moción por puntos corresponde...