HomeOpiniónOPINIÓN: Gran Final Bóveda Slam Poetry

OPINIÓN: Gran Final Bóveda Slam Poetry

Crónica da última xeira da tempada deste torneo de poesía escénica e oral que comezaba en Bóveda o pasado 25 de marzo (2023) da man do colectivo KulturN'aldea.

Publicado o

POR
Xosé Casar (Piteira)
- Advertisement -

Foron cinco encontros de poesía escénica os que se celebraron até chegar á “GRAN FINAL” do Bóveda Slam Poetry. Os dous primeiros, no acolledor espazo do Centro Sociocultural de Bóveda, e os tres seguintes no restaurante Paco de Rubián. Chegamos á final con sete “slammers”, os sete poetas que acadaron clasificarse nesta tempada, que nos deleitaron coas súas pezas nun novo espazo, na casa da escola de Ribas Pequenas.

Iria Seoane, Noa Moreira, Andrea Micc, Roberto López, José Manuel Rodríguez, Yolanda Alcas e Galego de Caracas competiron a golpe de versos no serán do sábado, día dous de decembro e recibiron os aplausos dun público que encheu a sala da antiga escola. Coma nas anteriores edicións ficou patente a calidade poética dos sete rapsodos, que recibiron coma recoñecemento un pequeno agasallo de parte da organización do slam, o colectivo KulturN’aldea, consistente nunha bolsiña rotulada co nome do slam e o da organización.

Recibiron as cuncas de prata e bronce respectivamente, as rapsod@s Yolanda Alcas e Noa Moreira. A cunca de ouro foi para o poeta lucense, Galego de Caracas (Simón Rodríguez), que ficou así clasificado para participar na Gran Final da seguinte tempada, da que sairá o vate que representará a Bóveda Slam Poetry no slam estatal organizado pola asociación Poetry Slam España, que terá lugar en Santander no mes de outubro do ano entrante.

Participación do gañador, Simón Rodríguez, ‘Galego de Caracas’.

A edil de cultura do Concello de Bóveda, Cristina Juiz, entregou as cuncas aos tres gañadores. KulturN’aldea agradeceu ao concello o seu apoio dende o inicio desta andadura, e tamén ao restaurante Paco, de Rubián; á librería Pelayo, de Monforte; aos veciños de Ribas Pequenas, pola cesión dese precioso espazo; aos poetas e ao público pola súa indispensable participación.

Finalizado o encontro, de parte dos veciños e veciñas de Ribas Pequenas, Cesar Lagoa obsequiou ao público asistente, á organización e aos poetas cun espectacular arroz negro que rematou a velada cun agradable sabor de boca.

A concelleira de Bóveda entregando a cunca de ouro. Foto: KulturN’aldea

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...