Homesociedade15 días de prazo para que o propietario do pozo que causa...

15 días de prazo para que o propietario do pozo que causa fuga de auga en Abelardo Baanante o repare

O concello de Monforte informa sobre a fuga de auga ubicada na rúa Abelardo Baanante, concretamente na parte alta da rúa onde se atopa a escaleira de acceso á igrexa da Régoa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tras a inspección levada a cabo polos técnicos de Aqualia, no informe remitido por esta empresa ó Concello, descártase a existencia de fugas na rede xeral e, do mesmo xeito, indícase que se localizou a existencia dun pozo artesán dentro dun solar, que é a orixe de dita fuga, vertendo a auga para a rúa Abelardo Baanante.

Co informe elaborado pola empresa, o Alcalde ven de decretar e resolver requerir ao propietario da finca para que de forma inmediata, nun prazo non superior a quince días, proceda ao selado e reparación do pozo ao que se fai referencia no informe “Se realizaron inspecciones en la zona, detectándose la existencia de un pozo artesano en la finca situada en el margen izquierdo de las escaleras de subida. El agua que emana del pozo es de tal cantidad que la vivenda anexa se encuentra completamente anegada. La conclusión que se saca de las inspecciones y pruebas realizadas es que el origen del agua filtrada no es ni de la red de abastecimiento ni de la red de saneamiento. Debiendo requerirse al propietario de la finca el sellado y reparación del pozo

Ademais o concello apercibe ó propietario que de non proceder a dito selado e reparación, acordarase a execución forzosa para proceder a solucionar este problema, cargando os custes ó dono do solar, de acordo cos artigos 99 e 100 da Lei 39/2015 de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...