HomeCulturaActividades para un Nadal coa familia en Chantada

Actividades para un Nadal coa familia en Chantada

O concelleiro de cultura, Manuel Diéguez, anima á participación nas diferentes propostas, “As actividades que organizamos están pensadas para que os máis novos da casa vivan toda a ilusión destas festas. O remate farase coa tradicional Cabalgata de Reis, as carrozas das Súas Maxestades preparámolas desde o concello e cada ano faise un esforzo por melloralas e engadir detalles que fagan máis vistoso ese encontro dos Reis Magos cos nenos e nenas de Chantada”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Chantada a través da Concellería de Cultura prepara unha completa programación para compartir en familia durante este Nadal. A primeira cita é o mércores, 20 de decembro, na biblioteca municipal. A partir das 17:00h acolle a actividade para público infantil, Chegou o Nadal con Gemola.

O auditorio municipal será o escenario de catro interesantes propostas. O día 22 de decembro ás 19:30h acollerá a visita da Apalpadora, encontro ó que se convoca a todas/os as /os cativas/os do municipio. A Apalpadora chega das montañas do Courel para ver como se alimentan cativos e cativas, virá acompañada cos seus tradicionais xogos de madeira e as súas maravillosas lendas.

Para o día 26 de decembro a partir das 19:00h, a cita será con Contacontos Elas de Vero Rilo, espectáculo de narración oral, no que a igualdade ten un importante papel. Golden Magic, un elfo traveso visitará o auditorio, o día 28 ás 19:00h, cun espectáculo de maxia nunha fábrica de agasallos. Xa para o 2 de xaneiro, tamén ás 19:00h contarase con Patruyasos e o seu espectáculo de clown para mergullarse en mundos de fantasías cheos de risas.

Da man de Velaísca, entre o 22 de decembro e o 5 de xaneiro, desenvolveranse os campamentos e talleres creativos para axudar á conciliación neste Nadal. Para participar nestas actividades pódense inscribir na casa da cultura ata o 19 de decembro. Os Campamentos de Nadal destínanse a nenos/as de entre 3 e 12 anos. Celebraranse no pavillón municipal en horario de 10:00 a 14.00 os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro e os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro. Inclúe servizo de madrugadores en horario de 8:00h a 10:00h. Nas mesmas xornadas desenvolveranse os Talleres Creativos. Estas actividades terán lugar na casa da cultura en horario de 12:00 a 13:30 e destínanse a rapazas e rapaces de 10 a 12 anos.

A programación de Nadal pecharase o día 5 de xaneiro coa visita dos Reis Magos. A tradicional Cabalgata de Reis partirá da DomusVi ás 18:00h para finalizar cun encontro cos nenos/as no auditorio municipal.

ÚLTIMAS

A técnica do Esgrafiado no Censo do Patrimonio Cultural de Galicia

Nesta semana publicábase no Diario Oficial de Galicia, esta técnica tradicional de albanelaría que...

“A cantiga máis longa” este 24 de novembro na igrexa de San Pedro de Bembibre en Taboada

A interpretación vocal de Paloma Gutiérrez del Arroyo e a instrumental de Manuel Vilas,...

Contacontos teatralizado de igualdade este 24 de novembro na casa da cultura de Monforte

O Concello de Monforte, a través da Concellaría de Muller e Igualdade, organiza para...

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...