A D.O. Ribeira Sacra celebraba este venres 15 de decembro a súa tradicional comida de Nadal, un encontro de confraternidade no que se dá cita o sector do viño. Tivo lugar no Parador de Turismo de Monforte de Lemos, e aproveitouse para facer entrega dos premios do Concurso Internacional “Mondial des Vins Extremes”, certame celebrado o pasado mes de setembro no Val d’Aosta (Italia).
Nesta edición do Concurso, a D.O. Ribeira Sacra convertíase na Denominación que máis Gran Medallas de Ouro conseguía, 5; e 21 Medallas de Ouro.
Gran Medalla de Ouro (de 93 ata 100 puntos)
- Godello Regina Viarum 2022, Regina Viarum S.L. Sober
- Godello Pazo de Maga 2022, Pazo de Maga S.L.U. Monforte de Lemos
- Don Bernardino branco 2022, Don Bernardino. Sober
- Viña Vella blanco 2022, SAT Virxen dos remedios. O Saviñao
- Inseparables branco 2021, EDV 2015 SL. Quiroga
Medalla de Ouro (de 89 ata 92,99 puntos)
- Vía Romana do Camiño Mencía garda 2021, Adegas e Viñedos Vía Romana. Chantada
- Pizarras y Esquistos 2020, Adega Ponte da Boga SL. Castro Caldelas
- Godello Almalarga 2022, Alma das Donas S.L.U. Pantón
- Mencía Garoubas 2021, Adega A Carqueixa. Monforte de Lemos
- Mencía Garoubas 2020, Adega A Carqueixa. Monforte de Lemos
- Mencía Don Xoan 2022, Adega Gullufre. Sober
- Mencía Romeo Domain 2022, Adega Gullufre. Sober
- Prómine 2022, Adegas Petrón S.L. Sober
- Casa Moreiras Mencía 2022, Casa Moreiras. Pantón
- Casa Moreiras Godello 2022, Casa Moreiras. Pantón
- Mencía Don Bernardino Ibio 2020, Don Bernardino. Sober
- Mencía Don Bernardino 2021, Don Bernardino. Sober
- Mencía Don Bernardino 4ª Generación 2018, Don Bernardino. Sober
- Mencía Don Cosme 2022, EDV SLU. Quiroga
- Mencía Galanteiro 2022, José Luis Pérez Pérez. O Saviñao
- Mencía Asolagados 2022, Pilares de Belesar S.L.U. O Saviñao
- Finca Cuarta Consentida 2019, Finca Cuarta Bodegas y Viñedos
- Finca La Capitana 2018, Regina Viarum SL. Sober
- Mencía Regina Expresión 2020, Regina Viarum SL. Sober
- Godello Regina Dona 2021, Regina Viarum SL. Sober
- Mencía Val da Lenda 2022, Víctor Manuel Rodríguez López. Sober
O Mondial des Vins Extrêmes é o concurso enolóxico máis importante, reservado aos viños producidos en rexións de montaña ou procedentes de cultivos extremos: altitude superior a 500 metros, pendente do terreo superior ao 30% (en zonas da D.O. Ribeira Sacra chégase ao 80%) ou sistemas vitícolas de cultivo en terrazas). A esta edición, a D.O. Ribeira Sacra presentaba 67 mostras de 28 adegas.
O Mondial des Vins Extrêmes é o concurso enolóxico máis importante, reservado aos viños producidos en rexións de montaña ou procedentes de cultivos extremos
Esta era a primeira comida de Nadal da D.O.Ribeira Sacra con Antonio Lombardía como Presidente. Ademais de desexar Felices Festas a todo o sector e agradecer o trato recibido durante estes meses, na súa intervención repasou as principais accións levadas a cabo neste 2023 e avanzou proxectos para o 2024.
“Estamos a facer unha aposta clara pola internacionalización e a formación. Queremos tamén mellorar a dixitalización das nosas adegas e a conectividade, para que a relación do Consello Regulador con adegas e viticultores sexa máis efectiva e dinámica e tamén a comunicación das nosas adegas cara ao exterior”, aseguraba Lombardía.
Así a D.O. Ribeira Sacra estará en Wine Paris & Vinexpo Paris 2024 do 12 ao 14 de febreiro e en Prowein en Düseldorf (Alemaña) do 10 ao 12 de marzo. Trabállase en ampliar os espazos expositivos neste tipo de feiras e na participación en novas citas de promoción exterior.