HomesociedadeO Parque de Bombeiros de Chantada, pechado todo este mércores

O Parque de Bombeiros de Chantada, pechado todo este mércores

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque de Bombeiros de Chantada permanecerá pechado este mércores debido á ausencia dun traballador previsto nos servizos mínimos. Volverá prestar servizo o xoves ás 9.00 horas.

Publicado o

POR
editor
- Advertisement -

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque de Bombeiros de Chantada permanecerá pechado este mércores debido á ausencia dun traballador previsto nos servizos mínimos. Nun comunicado, a Deputación lucense explicou que dos tres efectivos esperados para cubrir os servizos mínimos deste parque, un deles “non se presentou ao posto de traballo”.

O Consorcio tentou mobilizar a outro traballador, pero non foi posible, xa que o único dispoñible atopábase no parque de Sarria e decidiu secundar a folga no momento no que “lle foi comunicada tal posibilidade”. Así, activaron o retén designado para Chantada a través dunha mensaxe certificada, pouco despois das 9.00 horas, pero “tampouco se presentou a traballar”.

Por tanto, ao non cumprir os servizos mínimos neste parque e ao priorizar os que dan servizo a unha zona de cobertura máis ampla, desprazaron aos dous traballadores de Chantada, un para Vilalba e outro para Monforte. O Parque de Chantada non prestará servizo ata o xoves ás 9.00 horas.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...