HomeTerra de LemosO SaviñaoBelén vivente, obradoiros, Papá Noel e Reis Magos no programa de Nadal...

Belén vivente, obradoiros, Papá Noel e Reis Magos no programa de Nadal do Saviñao

Tras visitar o pasado 17 de decembro o Belén de Begonte, o resto de actividades alongaranse ata a Cabalgata de Reis o 5 de xaneiro. Papá Noel visita o concello este venres 22.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Papá Noel chega ao Concello do Saviñao este venres 22, día do sorteo da Lotería Nacional. Comeza o seu percorrido en tren polas rúas de Currelos ás 16:30 h. e a continuación fará unha parada para recibir aos nenos no Centro Sociocultural. Ás 18:00 h. fará o mesmo pero polas de Escairón. No tren poderán subirse as nenas e nenos que, ademais de Santa Claus, terán como compañeiros de viaxe a Mickey e Minie Mouse. Xa diante do Concello do Saviñao, fará a recepción oficial e haberá chocolate con churros.

Unha das curiosidades do programa é o Belén Vivente que realizarán nenas e nenos da catequese. A escenificación será en Escairón os días 25 e 30 de decembro e o 5 de xaneiro; o 25 ás 12:00 h. na Igrexa de Escairón despois da mida e o 30 na Praza Maior ás 20:00 h. O 5 de xaneiro poderase ver na Igrexa de Escairón despois da misa das 19:00 h.

OBRADOIROS

A ludoteca de Escairón ofrece unha chea de obradoiros relacionados co Nadal os días 26, 27, 28 e 29 de decembro e os días 2, 3 e 4 de xaneiro. Neles poderase facer dende un boneco de neve reciclado, ata adornos para a árbore, flores recicladas, un recipiente de uvas de fin de ano e marcapáxinas.Tamén hai a posibilidade de anotarse a dous de cociña. Un o 28, no que se elaborará piña de Nadal con cereais, e outro o 3 de xaneiro para facer pizzas especiais de Nadal.

CABALGATA DE REIS E ACTIVIDADES SOLIDARIAS

Será o 5 de xaneiro e comezará ás 16:30 h. cun percorrido que como é tradicional comezará nas rúas de Currelos. Aquí a recepción será no Centro Sociocultural.

Ás 18:30 h. os Reis Magos farán un percorrido polas súas de Escairón, visitarán a Residencia de maiores, visitarán o Belén vivinte da Igrexa e rematarán coa recepción ás nenas e nenos no Auditorio Municipal.

Outras iniciativas que cómpre salientar é unha recollida solidaria de xoguetes e unha cea de noiteboa para persoas soas o 24 de decembro. Organiza Cáritas parroquial e a cea será na Casa Parroquial.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...