HomePolíticaO PSdeG-PSOE de Chantada reclama melloras no Pavillón Polideportivo Municipal

O PSdeG-PSOE de Chantada reclama melloras no Pavillón Polideportivo Municipal

O último partido da Liga EBA xogouse sen calefacción, cunha temperatura fóra de menos de cinco graos e parte dos cristais das ventás levan meses rotos e sen cambiar, denuncian os socialistas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os socialistas de Chantada fanse eco do malestar da veciñanza ao respecto do pavillón municipal, “este 16 de decembro no encontro de baloncesto da Liga EBA entre o CB Chantada e o Estudiantes de Lugo, malia estar a temperatura exterior inferior a cinco graos, a calefacción non funcionaba e varias das fiestras do Pavillón están sen cristais dende hai meses, polo que a temperatura dentro das instalacións era similar á do exterior”.

O PSOE pide un consumo responsable da enerxía e ter xanelas con cristais. Lembran que nestas datas de Nadal están programadas no Pavillón unha serie de actividades dirixidas á infancia, como campamentos para axudar á conciliación das familias “e tendo en conta as temperaturas destes meses e o estado das instalacións, convértense nunha situación preocupante.”

Os socialistas instan ao concello a acometer de xeito urxente as reformas e reposicións que precisa o Pavillón para evitar situacións como as vividas a pasada fin de semana e para que se poidan desenvolver axeitadamente as actividades previstas nas instalacións.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...