HomeCulturaO Catálogo Xeral do artista monfortino, Roberto González, ve a luz co...

O Catálogo Xeral do artista monfortino, Roberto González, ve a luz co final do 2023

Os tres primeiros tomos do Catálogo Xeral de RGF (1961-2022), unha edición limitada de 100 exemplares asinados polo artista Roberto González que inclúen 1200 páxinas e 8500 reproducións en cor xunto a unha obra orixinal incluída no tomo III, presentáronse no Museo Provincial de Lugo para despedir decembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Catálogo Xeral de RGF (1961-2022) é froito dun gran traballo de investigación previo e que conta coa catalogación de Javier Mazorra e textos de Antonio Garrido, Pedro Taboada, Julio Perez Manzanares, entre outros.

É de destacar o pouco habitual que é atopar catálogos destas características, moi poucos/as artistas contemporáneos/as contan cun catálogo xeral realizado mentres están en activo. Os tres tomos contan con edición dixital.

Actualmente está en proceso o IV tomo do catálogo que de momento soamente terá edición dixital. O catálogo fíxose coa colaboración da Rede Museística Provincial de Lugo, o Museo de Belas Artes da Coruña e a galería Leandro Navarro de Madrid.

A fotografía de Adra Pallón nos catro museos da RMPL

Os catro museos da Rede Museística Provincial – Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Pazo de Tor e Museo Fortaleza de San Paio de Narlaamosan ata o vindeiro 1 de marzo o traballo fotográfico documental de Adra Pallón.

Os incendios forestais, a loita obreira fronte á desindustrialización, o éxodo silencioso do rural e a realidade da clase traballadora son as temáticas que protagonizan o percorrido fotográfico que propón o premiado fotógrafo lucense baixo o título “Intrahistorias. Luz entre as cinzas”.

Exposición fotografías de Adra Pallón / Vicepresidencia Deputación Provincial

ÚLTIMAS

Presentada a programación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón

A presentación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, que tivo...

15.000€ para a limpeza e roza da contorna do conxunto monumental de San Vicente do Pino

O concello de Monforte vén de contratar os traballos de desbroce na contorna do...

Medio milleiro de persoas camiñaron contra o cancro polas ribeiras de Chantada

Con saída e chegada na adega Condado de Sequeiras, cuxo apoio resulta esencial para...

Os Lactouros gozan dunha xornada de convivencia en Taramundi

A Asociación Micolóxica Os Lactouros vén de organizar unha xornada de convivencia en Taramundi...