HomePolíticaO BNG de Pantón solicita un pleno extraordinario para coñecer as contas

O BNG de Pantón solicita un pleno extraordinario para coñecer as contas

“Este Pleno non o teríamos pedido se en Pantón se cumprise coa obriga legal de facilitar información e datos suficientes á oposición” di a portavoz municipal RosaAna Prieto, que espera que ‘o día que se celebre o Pleno o PP nos explique a toda a cidadanía onde e como gastaron os orzamentos e o remanente que había en Pantón".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Hai meses que desde o BNG veñen reclamando documentación e explicacións de onde e como se foron gastando os fondos públicos. “O punto de inflexión xorde cos gastos da Feira do Viño 2023 da que non se da a documentación. Existe unha documentación, a dos gastos da feira do viño, que ten que estar elaborada e contabilizada, e que pertence a datas anteriores a expirar o anterior mandato que foi liquidado economicamente antes do pleno de organización, logo como pode non dispoñerse desa documentación”.

Continúan desde o BNG, “Non coñecemos a situación económica real do concello nin se presentaron orzamentos para o 2024, si sabemos que se necesitou crédito para pagar a fornecedores que levaban sen cobrar meses, e que non se atenderon os gastos correntes como a luz ata setembro desde xaneiro”.

Así os nacionalistas piden dar resposta con datos e documentación ás seguintes preguntas:

  • Liquidación e Conta Xeral do 2022.
  • Arqueo de caixa con data actual.
  • Saldos bancarios a data actual.
  • De canto crédito dispoñemos según os datos que obran neste momento no concello?
  • Estado de execución do orzamento 2023 a data actual.
  • Estado actual do Remanente de Tesouraría.
  • Cal é o crédito existente para cubrir as achegas municipais no gasto subvencionado por outras entidades e/ou administracións?
  • Informe anual de reparos de Intervención do exercicio 2022.
  • De estarse intentando operación de financiamento bancario, de que importe é a solicitude, en que estado (pendente, aprobada ou denegada) está, e en que entidades foi solicitada a
    operación?
  • De termos concedido algún préstamo ou póliza bancaria, cales son as condicións (TAE, tipo de xuro) da mesma e os importes.
  • Pedimos acceso expreso á copia das condicións do empréstamo ou póliza.

Relativo á feira do Viño piden e preguntan por:

Memoria detallada de todos os ingresos e gastos da Feira do Viño e da Empada do ano 2023. A memoria debe detallar: No apartado de ingresos ten que especificar os conceptos, fornecedores, cantidades exactas e cal é a partida de gasto á que se lle imputa na contabilidade do concello. Tamén no apartado de Ingresos. Que axudas obtidas doutras administracións foron empregadas neste evento?, Cal é o importe desas subvencións ou axudas, e administracións que as achegan, De Ingresos por patrocinios ou posibles convenios con entes privados ou mixtos?, Cal é a cantidade ingresada e onde de contabiliza a venda de copas e outros elementos que o concello vende durante o evento?

ÚLTIMAS

Está a arder Roxe de Sebes?

Em Soldom contarom-nos que naquela altura houvo quem pensou que César que podia ser...

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...