HomeEconomíaReunión chave en Bruxelas para coñecer o futuro da liña de tren...

Reunión chave en Bruxelas para coñecer o futuro da liña de tren Ourense-Monforte-Palencia

O presidente do Eixo Atlántico reúnese o xoves en Bruxelas co coordinador europeo dos corredores ferroviarios

Publicado o

- Advertisement -

O tren foi o gran transporte que puxo a Monforte no mapa durante anos e a revitalización deste concello co futuro nó do AVE a Galicia é un tema que reivindican todas as formacións da cidade, sen que ata agora se teña materializado ningún compromiso concreto por parte do Goberno central.

Por iso, e para saber que vai pasar coa liña Ourense-Monforte-Palencia, o presidente do Eixo Atlántico, Alfredo García, e o secretario xeral deste organismo, Xoán Vázquez Mao, reuniranse en Bruxelas con Carlo Secchi, coordinador da Rede Transeuropea de Transportes, que depende da comisaria europea de transportes, Violeta Bulc.

Esta visita, que está pechada desde hai un mes, e da que se informou ao presidente da Xunta na reunión do pasado día 7 de maio, ten por obxecto transmitirlle á Comisión Europea a importancia da inclusión da liña Vigo- Ourense-Monforte-Palencia tanto para a competitividade dos portos galegos como para reforzar o corredor xa aprobado de Aveiro-Palencia-fronteira francesa, que dá vida tamén aos portos do norte de Portugal e que debe ser o gran dinamizador da economía tamén no eixo interior Lugo-Ourense-Tras Os Montes (Portugal).

Hai uns días tamén mantiñan un encontro o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, representantes do organismo Eixo Atlántico e diversos alcaldes do Noroeste para abordar unha defensa común para a inclusión de Galicia e os seus portos no corredor europeo de transporte de mercadorías.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...