HomesociedadeA ANPA do CEIP da Gándara en Monforte demanda solucións que garantan...

A ANPA do CEIP da Gándara en Monforte demanda solucións que garantan unha educación de calidade

Os nenos e nenas que cursan Educación Infantil neste colexio teñen un patio que en época de choiva non pode ser utilizado, ademais de carecer de calquera tipo de elemento lúdico ou de xogo, aseguran desde a ANPA.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A ANPA lembra que entre os seus fins está asistir aos pais, nais e aos titores en todo o que afecte á educación dos seus fillos e fillas, e requirir aos poderes públicos o cumprimento das leis, regulamentos e plans de actuación relativos á educación, reclamando a actuación que esta merece.

A este respecto, a ANPA que conta con máis de 100 familias asociadas cre e aposta por unha educación que garanta a igualdade de oportunidades, independentemente da idade e da procedencia. Lembran ademais que é un principio do sistema educativo segundo a LOMLOE a participación da comunidade educativa na organización, goberno e funcionamento dos centros docentes,.

Así desde a ANPA elaboraron un proxecto para que o patio de infantil puidera ser usado en condicións óptimas para os nenos e nenas de 3 a 6 anos e lamentan que a día de hoxe “o patio segue tendo as mesmas carencias, imposibilidade de uso, e en ocasións insalubridade que o curso 2020, ano no que se estableceu ese lugar como patio de infantil”.

A Gándara desperfectos equipamento / ANPA A Gándara

O colexio da Gándara é unha escola de extra-radio, nas aforas da zona urbana, pero unha escola que debe garantir unha educación de calidade, “Está claro que xa ten os seus anos, pois dos colexios públicos é o máis vello e o que precisa máis arranxos. Temos un pavillón ao que non se lle cambiou a cuberta dende os anos 80, temos tamén un patio no que hai moitos elementos deteriorados”.

Nesta situación a ANPA demanda de todas as administracións as solucións e investimentos que garantan que os nenos e nenas do CEIP A Gándara poidan exercer o seu dereito a unha educación de calidade.

A Gándara desperfectos equipamento / ANPA A Gándara

ÚLTIMAS

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...