HomeTerra de LemossanidadeChantada quere sanidade convoca manifestación para o 13 de xaneiro ás 12:00h

Chantada quere sanidade convoca manifestación para o 13 de xaneiro ás 12:00h

A plataforma ofrecía este xoves pola tarde unha rolda de prensa para presentar esta protesta que recorrerá a vila coa intención de reverter as políticas que impiden unha digna atención aos usuarios da Sanidade Pública.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Chantada quere sanidade é unha plataforma veciñal que aglutina aos veciños e veciñas que demandan melloras sanitarias no eido local de Chantada e tamén de Carballedo, asi como na área sanitaria na que se inscriben e mesmo a nivel galego.

Veñen denunciando as problemáticas no Centro de Saúde de Chantada e tamén no Hospital Comarcal de Monforte, “situación que se agrava cada mes ou case cada semana. Despois de dúas concentracións, e unha carta á xerencia que a día de hoxe non tivo resposta a plataforma convoca esta manifestación”.

A plataforma entende que “hai unha clara postura de inacción e vanalización do problema por parte da administración sanitaria”, o que a leva a convocar esta manifestación para o día 13 de xaneiro ás 12 da mañá, que sairá da Praza Santa Ana e percorrerá a vila finalizando no centro de saúde onde se lerá o manifesto. “Debemos recordar que coas vidas non se xoga e que a Sanidade Pública é un dos bens máis prezados que temos como sociedade”, conclúen.

ÚLTIMAS

Quiroga celebra o 15 de marzo os Cantos de Taberna

O Concello de Quiroga ten aberto o prazo para participar neste festival de música...

Rematada a 2ª fase das obras de mellora na rede de saneamento urbano de Monforte

Na rúa Concepción Arenal, os traballos consistiron no deseño e execución dunha rede separativa, nesta...

O Club de Baloncesto Sarria presenta aos seus equipos

O club conta actualmente con 15 equipos federados, oito masculinos e sete femininos, que...

O PP denuncia o “abandono” das estradas provinciais de Ribas de Sil

Segundo denuncian os populares, a LU-P-5303, está totalmente agretada e ten zonas moi rotas...