HomeCulturaO Festival 17° Ribeira Sacra nominado aos Premios Magnum do Viño Galego

O Festival 17° Ribeira Sacra nominado aos Premios Magnum do Viño Galego

O Festival xa acumula varios nomeamentos en premios destacados con só dúas edicións.

Publicado o

- Advertisement -

O Festival 17° Ribeira Sacra acaba de recibir un nomeamento aos Premios Magnum do Viño Galego que se celebrará o vindeiro domingo 25 de novembro ás 13:30 horas en Vilagarcía de Arousa.  O Instituto Galego do Viño outorga anualmente estes galardóns co obxectivo de fomentar a excelencia no sector e afianzar a imaxe de Galicia como referente mundial de viños e profesionais do viño do máximo prestixio.

Este recoñecemento, na categoría “Mellor iniciativa de enoturismo”, vén poñer de manifesto o destacado papel que o Festival representa na promoción e difusión dos viños e o territorio da Ribeira Sacra, aceno de identidade dun evento que é moito máis que música, no que a zona, as súas adegas e os seus caldos son protagonistas.
A segunda edición do Festival celebrouse este verán en dúas fins de semana: 17° Paisaxe (27, 28 e 29 de xullo) e 17° Patrimonio (4 e 5 de agosto) no pano de fondo da Ribeira Sacra. A programación incluía experiencias únicas, como concertos na natureza, catas, directos en adegas, visitas guiadas, sendeirismo, cociña de autor, artesanía vitivinícola todos eles en escenarios especiais, como o Miradoiro de Santiorxo, os catamaráns que navegan polos canóns do Sil, os Paradores de Monforte e Santo Estevo, o Castelo de Castro Caldelas, a Praza de Chantada ou as importantes adegas da zona.
O festival acumula xa varios nomeamentos en premios destacados en diferentes ámbitos. Os Premios Fest, cuxa finalidade é recoñecer, valorar e celebrar o traballo e a creatividade de profesionais responsables do desenvolvemento dos festivais de música que se celebran en España, nomearon a 17° Ribeira Sacra nas categorías “Mellor festival de pequeno formato”, “Mellores actividades paralelas”, “Mellor achega turística á rexión”, quedando ademais finalista na categoría “Igualdade e diversidade de xénero”.

 

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...