HomesociedadeO 16 de xaneiro ábrese o prazo para participar do programa Lugo...

O 16 de xaneiro ábrese o prazo para participar do programa Lugo Termal

A Xunta de Goberno aprobou as bases dunha nova edición do programa Lugo Termal, no que a institución provincial ofrece 1.340 prazas, un 30% máis que o pasado ano, nos establecementos termais de Lugo, Pambre, Guitiriz e Pantón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As bases do programa publicaranse este luns no Boletín Oficial da Provincia e o martes, 16 de xaneiro, abrirase o prazo para que as persoas interesadas poidan solicitar praza. Deberán cubrir un impreso que sairá no propio BOP e que tamén estará dispoñible na web da Deputación, e deberán presentalo en calquera rexistro oficial ou na sede electrónica da institución, xunto coa fotocopia do DNI.

Este ano, como novidade, o programa Lugo Termal contará con máis investimento, 91.000€, o que representa unha subida de case un 30% e máis prazas, 1.340 prazas, o que supón tamén un 30% máis. Desas prazas, 825 son con estancia e 515, sen estancia.

Co programa Lugo Termal, a Deputación ofrece descontos nos balnearios de Lugo, Pambre, Guitiriz e Pantón ás persoas maiores de 50 anos, que poderán acudir a estes establecementos cun acompañante que non teña necesariamente esta idade. Nesta nova edición, a número 12, os beneficiarios terán descontos de entre un 10 e un 20% en función da modalidade –con estancia ou sen estancia- e tamén, como en anos anteriores, haberá diferentes técnicas e tratamentos a disposición das persoas usuarias.

ÚLTIMAS

A Deputación autoriza o convenio de 250.000€ para a Casona do Incio

A xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres mobilizar máis de...

Ata o 30 de outubro pódense solicitar as axudas para a creación de empresas en Monforte

Desde este venres, 2 de outubro, está aberto o prazo para solicitar as axudas...

A Xunta entrega en alugueiro unha vivenda de promoción pública en Bóveda

Villares sinalou que a Xunta traballa para favorecer o acceso da cidadanía á vivenda,...

O pleno de Monforte non aproba a petición de Esperta monforte para unha nova aula de 2º de primaria

A iniciativa pedía revisar a planificación deste curso e crear un novo grupo...