HomeEconomíaA AIE Ribeira Sacra Next reúnese co alcalde de Monforte para estudar...

A AIE Ribeira Sacra Next reúnese co alcalde de Monforte para estudar posibles liñas de colaboración

Na xuntanza, os representantes da AIE-Ribeira Sacra Next valoraron positivamente a opinión do rexedor monfortino sobre este novo proxecto empresarial asociativo, sobre o seu posible percorrido e futuro máis inmediato.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

José Tomé Roca, reuníase cos representantes desta nova asociación empresarial denominada Agrupación de Interese Económico-Ribeira Sacra Next (AIE), que tiñan solicitado un encontro co rexedor monfortino para presentarlle o dosier informativo da mesma, así como os obxectivos que pretenden desenvolver logo da súa creación.

Este primeiro encontro serviu para estudar sinerxías e posibles liñas de colaboración entre o Concello de Monforte e a AIE–Ribeira Sacra Next. Unha delas, sería a posibilidade de que o Concello se incorporara ó Órgano Consultivo da mesma. Tamén se está a estudar unha posible ubicación da sede oficial en Monforte.

Na reunión explicouse que o obxectivo máis inmediato é poñer en marcha nos vindeiros meses a xerencia desta asociación, que se constituía hai un ano. Na actualidade integran a asociación máis de 60 empresas que suman máis de 400 traballadores e unha facturación de máis de 90 millóns de euros.

Todas as empresas e autónomos/as interesados/as en participar deste novo proxecto empresarial poden obter información e incribirse na web provisional da AIE.

ÚLTIMAS

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...

Monforte adxudica as obras de mellora dos accesos ao núcleo de Souto, en Guntín

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto técnico e a adxudicación...

Ribeira Sacra e Mariña, os destinos máis demandados no programa ‘Coñece a túa provincia’

O programa Coñece a túa provincia, que impulsou a Deputación de Lugo hai seis...