HomesociedadeO 'Entroido Ribeirao' xa ten cartel e datas

O ‘Entroido Ribeirao’ xa ten cartel e datas

As datas para non perder son o 28 de xaneiro, e o 4, 11 e 13 d febreiro. Como outros anos, haberá xuntanza de entroidos tradicionais o devandito 28 e en vindeiras semanas daranse a coñecer cales se achegarán a Santiago de Arriba.

Publicado o

- Advertisement -

A organización vén de presentar o cartaz do Entroido Ribeirao para este 2024, entroido no que se presentan catro datas imprescindibles que son as seguintes:

28 de Xaneiro: Domingo Lambedoiro.

4 de Febreiro: Domingo Corredoiro.

11 de Febreiro: Domingo de Entroido.

13 de Febreiro: Martes de Entroido.

Como é costume tamén, a hora de comezo para os catro días indicados será as 16:00 h. e o lugar O Moredo, ubicación que este ano está sinalizada nun código QR que aparece no cartel para facilitar a chegada aos visitantes.

Cartel a partir dunha foto de @mercelrubin

O día 28 de Xaneiro, no Domingo Corredoiro, está previsto facer a Xuntanza de Entroidos, e segundo indica a asociación organizadora, en breve informarán dos entroidos convidados que asistirán.

“Vinde con moitas ganas de troula e de disfrutar o Entroido porque vos aseguramos que nós queremos desfrutalo con todos vós”, din dende a Asociación Amigos do Entroido Ribeirao nas súas redes sociais.

ÚLTIMAS

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...