HomeTerra de LemossanidadeLongos tempos de espera na sanidade levan aos pacientes a urxencias ou...

Longos tempos de espera na sanidade levan aos pacientes a urxencias ou á privada, segundo arroxa a enquisa de Chantada quere sanidade

A plataforma ‘Chantada quere sanidade’ creada na localidade para denunciar a precaria situación sanitaria do municipio, leva varios meses facendo diferentes accións para reclamar melloras na atención médica. Ademais das concentracións realizaron enquisas entre usuarios/as do centro de saúde e o PAC.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nos últimos meses, a plataforma fixo enquisas entre usuarios e usuarias do centro de saúde e do PAC da localidade para avaliar tanto o estado da atención primaria como o da atención especializada que reciben no Hospital Comarcal de Monforte, o que lles corresponde como referencia.

As máis de 250 enquisas realizadas a pacientes maiores de 18 anos antes de mediados de decembro (cando á situación sanitaria se uniu ao colapso polos casos de gripe A e Covid), arroxan datos como que o tempo de espera para unha cita é superior a unha semana en máis do 80% dos casos, “Un alto tempo de espera que, segundo os datos recollidos, fixo que máis da metade dos pacientes que participaron no estudo tiveran que acudir a urxencias por non ser atendidos polo seu facultativo de cabeceira nun tempo razonable”, engaden desde a plataforma.

A enquisa incluía preguntas para avaliar a situación da atención sanitaria especializada que os veciños e veciñas de Chantada reciben no seu hospital de referencia, o de Monforte. O tempo de espera entre a petición dunha cita e a consulta cun especialista é superior a 4 meses no 70% dos casos, “o que á vez conleva que máis da metade dos pacientes rematen acundindo a unha consulta privada durante o tempo de espera para ser atendido na sanidade pública”.

As enquisas de Chantada quere sanidade tamén arroxan que a espera posterior para as probas pedidas polos especialistas é superior ós 3 meses no 80% dos casos e que máis do 30% desas probas deriváronse a clínicas privadas ou concertadas.

Con estes datos, dende a plataforma ‘Chantada quere sanidade’ reiteran a denuncia á precaria situación sanitaria que viven os e as veciñas de Chantada.

ÚLTIMAS

O BNG inicia unha campaña de reivindicación do arranxo integral da N-540

O BNG inicia unha campaña de denuncia e reivindicación permanente do arranxo integral da...

A XXI Feira Medieval de Monforte presenta cartel e vídeo promocional

Monforte presenta a campaña promocional da vinteunha edición da Feira Medieval de Monforte, que...

Quiroga acolle o 5 e 6 de abril unhas xornadas formativas para para pilotos de parapente

Os vindeiros 5 e 6 de abril, a localidade de Quiroga converterase no epicentro...

Este 3 de abril comezan no centro cívico de Monforte os talleres “Constrúe a túa saída laboral no sector dos coidados”

Co obxectivo de mellorar a inserción laboral no sector sociosanitario, a Fundación Acción contra...