HomesociedadeAta o 15 de febreiro pódese solicitar a participación na XX Feira...

Ata o 15 de febreiro pódese solicitar a participación na XX Feira Medieval de Monforte

A organización da XX Feira Medieval admite tres modalidades de postos: gastronomía, artesanía e comercio. Darase prioridade ás solicitudes de vendedores e vendedoras de Monforte, así como aqueles postos de artesanía con carta de artesá ou artesán.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este martes, 16 de xaneiro, abre o prazo para solicitar a participación na XX Feira Medieval de Monforte, que se celebrará o sábado día 30 e o domingo 31 de marzo de 2024.

O rexedor monfortino subliña que “este ano 2024 a Feira Medieval chega á súa vixésima edición, despois da cal xa poderemos solicitar a declaración de Feira de Interese Turístico Galego, que esperamos ter recoñecida pola Xunta para a 21ª edición de 2025”.

O 15 de febreiro remata o prazo de inscrición, e o día 1 de marzo publicarase na páxina web municipal (www.monfortedelemos.es) a listaxe de admitidos e admitidas, data na que tamén se indicará a forma de facer efectivo o pago dos prezos de inscrición.

O prezo dos postos de artesanía e comercio será de 41,19 € para os que midan ata 3 metros de longo e de 51,54 € para os que pasen desta medida. Os postos gastronómicos deberán ingresar 61,89 € independentemente do seu tamaño. Para todos os casos, estes prezos inclúen a maiores o custo de participación e a taxa de ocupación de dominio público, que é de 6 € por posto.

No transcurso da Feira Medieval, o horario de apertura dos postos inscritos será ás 10:00 horas e o peche dos mesmos será entre as 21:00 e 23:00 horas.

Todas as persoas interesadas en solicitar a participación con posto de venda na XX Feira Medieval de Monforte de Lemos, deberán cubrir a solicitude oficial, na que se inclúe a Declaración Responsable e presentalo no rexistro xeral do Concello de Monforte de Lemos ou a través da sede electrónica: https://sede.monfortedelemos.es

Tamén poderán presentarse no Rexistro oficial do Concello. No caso de presentarse fora do Concello, o/a solicitante deberá dirixir por correo electrónico á dirección: feiramedieval@concellodemonforte.com, a correspondente solicitude e documentación anexa no prazo establecido como período de solicitude.

Para máis información, dirixirse á Oficina de Promoción Económica e Emprego do Concello (Casitas da Compañía), nos teléfonos: 698181551 e 982884775 e no correo: feiramedieval@concellodemonforte.com.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...