HomesociedadeLugo Termal, campaña que favorece o benestar social na provincia

Lugo Termal, campaña que favorece o benestar social na provincia

Dende o 16 de xaneiro pódense solicitar as 1.300 prazas do programa que ofrece descontos nos catro balnearios da provincia: Lugo, Pantón, Palas de Rei e Guitiriz.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación de Lugo destina este ano 91.000 € para a campaña de goce termal e de dinamización turística de proximidade que se consolida como iniciativa de grande interese para a veciñanza da provincia. Con este orzamento para aplicar en descontos, destinarase case un 30% máis que en convocatorias anteriores.

O programa está dirixido ás persoas maiores de 50 anos, que poderán acudir a estes establecementos cun acompañante que tamén terá a oportunidade de desfrutar dos descontos aínda sen ter a idade. Os requisitos que deben cumprir os solicitantes son: estar empadroados en calquera concello da provincia, valerse por si mesmos para as actividades da vida diaria, á excepción de fillos que acudan en calidade de acompañantes, non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar á normal actividade e convivencia nos establecementos, ou ter algunha contraindicación médica para recibir os tratamentos termais. 

As persoas interesadas teñen de prazo ata o vindeiro 30 de xuño para solicitar os descontos ou ata que se esgoten as prazas.  Poden atopar o formulario de inscrición no Boletín Oficial da Provincia do luns 15 de xaneiro, onde saen publicadas as bases do programa. O impreso de solicitude deberá presentarse xunto coa fotocopia do DNI en calquera rexistro oficial ou a través da sede electrónica da institución provincial. 

Lugo Termal ofrece un total de 1.300 prazas (825 con estancia e 515, sen estancia) e, como en anos anteriores, haberá diferentes técnicas e tratamentos a disposición das persoas usuarias.

MODALIDADES DE APROVEITAMENTO

O programa contempla dúas modalidades:

Unha con estancia contempla de seis días e cinco noites en pensión. O prezo é de 350,54€, dos cales a Deputación sufragará 110,55€. Inclúe servizo de cea e aloxamento o día de entrada, que será sempre os domingos, e tamén conta con servizo de almorzo e xantar o día de saída, podéndose alternar por servizo de xantar e cea o día de entrada e almorzo o día de saída, acordando previamente co balneario. Será en habitacións de uso compartido (os usuarios que soliciten unha individual, se o balneario ten dispoñibilidade, aboarán a diferenza correspondente aos prezos establecidos). Aplicaranse un mínimo de 15 técnicas termais, agás que por razóns médicas xustificadas se desaconselle, e haberá un programa de animación sociocultural de luns a xoves.

Outra modalidade sen estancia contempla dez días (de luns a venres) e o prezo a pagar polos usuarios e usuarias é de 250 euros. Inclúe 30 técnicas termais como mínimo, agás que por razóns médicas xustificadas se desaconselle.

ÚLTIMAS

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...