HomesociedadeFinca Quinteliña, tres prestixiosos cociñeiros para a súa nova etapa

Finca Quinteliña, tres prestixiosos cociñeiros para a súa nova etapa

Este venres 19 de xaneiro abre as súas portas para presentar a nova campaña de vodas e de eventos. Neste novo proxecto, vinculado á familia Mogay, reunirá nos fogóns aos chefs Antonio Lorenzo, Iñaki Bretal e Diego López.

Publicado o

- Advertisement -

Finca Quinteliña é unha finca para celebración de eventos de Chantada que naceu hai uns quince anos, segundo nos conta Ramón, terceira xeración da familia Mogay e irmán do cociñeiro Antonio Lorenzo, chef do restaurante A Faragulla.

Nos anos 60 triunfou a Sala de Festas, o antigo Mogay, rexentado pola avoa de Ramón; despois foi o tempo do Hotel Restaurante Mogay, no centro de Chantada e cos seus pais ao fronte dende o ano 1985; e co paso dos anos, e as modas das fincas, naceu Finca Quinteliña como lugar onde trasladar a celebración de eventos.

E para este 2024 chegan novidades neste establecemento. Nace un novo proxecto que se presenta por todo o alto o venres 19 de xaneiro abrindo as portas para a nova tempada cun evento que terá lugar das 18:30 ás 22:30 h. no que haberá un cóctel, show cooking, música cun DJ, fotomatón e outras sorpresas. Para o aperitivo están convidados provedores e todas as persoas que queiran achegarse a coñecer Finca Quinteliña sempre que se anoten previamente chamando ao teléfono 650383303.

Un dos comedores de Finca Quinteliña. Foto: Ramón Mogay.

Entre as novidades da nova estapa, cómpre salientar a coincidencia nos fogóns de 3 cociñeiros extraordinarios: Antonio Lorenzo, chef do restaurante A Faragulla; Iñaki Bretal, Estrela Michelín co restaurante O Eirado de Pontevedra; e o chef Diego López, de Finca Pascuais e Restaurante Bullo en Lugo. No propio evento, e baixo o título “Cociña a 6 mans”, ofrecerán un showcooking que está levantando gran expectación.

Os tres cociñeiros citados, xunto con Ramón, presentan así este novo proxecto que abre as súas portas a futuras contratacións de vodas e eventos

Exterior Finca Quinteliña. Foto cedida.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...