HomesociedadePrecíntase o local 18 da rúa Duquesa de Alba por incumprimentos nos...

Precíntase o local 18 da rúa Duquesa de Alba por incumprimentos nos horarios de peche

Axentes da Policía Local, notificaron o acordo da Xunta de Goberno de peche cautelar do local, este xoves 18 de xaneiro ás 18:10 horas, e posteriormente procederon ó precintado.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante os anos 2022 e 2023 tramitáronse 9 sancións a este local, todas por incumprimento do horario de peche establecido. Con data 20 de febreiro de 2023, a Xunta de Goberno Local acorda comezar medidas cautelares consistentes no cese da actividade e clausura de instalacións, previa audiencia ás persoas interesadas.

Para levar a cabo este peche cautelar do mencionado local, o Concello está amparado pola Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, a Orde da Vicepresidencia 1ª e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, do 23 de outubro de 2020, pola que se determina o horario de apertura e peche dos establecementos abertos ao público e de inicio e finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas, a Lei orgánica 4/2015, do 30 de marzo, de protección da seguridade cidadá e a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

En concreto, o artigo 33 d) da Lei 10/2007 cataloga como infracción grave a seguinte: “Incumprir os horarios establecidos de acordo co previsto no artigo 17” e o artigo 36.2 sinala que pola comisión de infraccións graves poderanse impor multas, a suspensión ou prohibición da actividade, ou a clausura do establecemento aberto ao público.

O alcalde sinala que “no presente caso resulta necesario a adopción deste tipo de medidas para evitar que se sigan a producir no tempo prexuízos derivados da comisión reiterada das presuntas infraccións de incumprimento de horarios, situación que ven a provocar molestias reiteradas na veciñanza da zona de Duquesa, existindo ademais numerosas denuncias por infracción de horarios de apertura deste local de hostalería, e cumpríndose polo tanto, as circunstancias sinaladas nos arts. 27 e seguintes da Lei 10/2017 de espectáculos de Galicia”.

ÚLTIMAS

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...

Intensa actividade promocional da D.O. Ribeira Sacra

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra impulsa este mes de xuño unha destacada...

“Non me gusta o fútbol moderno e non me gusta o VAR!”, ‘Chura’, exadestrador do C.D. Brollón

Juan Carlos Gallardo Martínez, coñecido popularmente como ‘Chura’, rematou a tempada como adestrador do...

Monforte celebra o San Antonio

O día grande das festas e xornada de gran tradición no barrio de San...