HomesociedadeO 10 e 11 de febreiro Taboada celebra a XXXII Festa do...

O 10 e 11 de febreiro Taboada celebra a XXXII Festa do Caldo de Ósos

A edición XXXII preséntase cunha imaxe renovada, fresca, actual e dinámica que se traslada á propia Festa cuxa programación se coñecerá nos vindeiros días. O prato de caldo de ósos servirase nos locais de hostalería de Taboada durante a fin de semana e, de xeito gratuíto na Praza de Riazón o domingo ao mediodía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este luns pola mañá presentouse na sede da Deputación Provincial de Lugo, en Vicepresidencia, a nova gráfica da Festa do Caldo de Ósos de Taboada na súa XXXII edición. Participaron Iria Castro, Deputada de Cultura, Xosé Portela, Tenente de Alcalde do Concello de Taboada e Manuel Diéguez, concelleiro de Cultura, Deportes e Medio Rural de Taboada. Presentouse así unha gráfica novada, fresca, actual e dinámica, renovación que se dará no propio concepto da Festa e na abundante e variada programación, da que se dará conta nos vindeiros días.

Xosé Portela resaltou o evento como un dos símbolos identitarios indiscutibles do concello de Taboada e da contorna. E incidíu no carácter único do caldo de ósos, “que está na nosa orixe cultural, que co paso dos anos conseguíu consolidar Taboada, como espazo ineludible de xuntanza para os amantes da gastronomía de calidade”. Resaltou tamén que  a Festa do Caldo de Ósos, non é só a unha celebración gastronómica, “nunha cunca de caldo de ósos, saboréase tamén o territorio, a historia e o patrimonio, a tradición, a lingua, e cada símbolo identitario da zona”.

Castro destacou a importancia deste encontro que volve cunha nova imaxe e na que “a gastronomía é o centro da celebración pero tamén se engaden a cultura e a tradición, algo esencial para outorgar máis valor a esta cita que xa, de por si é todo un éxito de público”. Así mesmo, agradeceu “a posta en valor do produto local e da capacidade de traballo para renovar un dos símbolos de identidade indiscutible do concello de Taboada e da contorna”.

O cartel deste ano é unha gráfica de Rosa de Cabanas, arquitecta, ilustradora e deseñadora. Nel preséntase a Festa e o Caldo como transmisor de cultura, legado de tradición, de raigame e de vínculo coa terra. O protagonismo, nas mans que serven o caldo; unhas mans que recordan e reivindican o valor das mulleres que coidan, gardan e transmiten o coñecemento e legado da receita. Tamén presente o produto como eixo, facendo fincapé no recoñecemento do valor e calidade das materias primas empregadas: o porco, local e de calidade. E o carácter festivo, a celebración con raíz na tradición, pero actualizada e contemporánea, na figura desa bailadora/pandereteira; que é hoxe en día é imaxe insignia.

“A Festa do Caldo de Ósos, non é só a unha celebración gastronómica: nunha cunca de caldo de ósos, saboréase tamén o territorio, a historia e o patrimonio, a tradición, a lingua, e cada símbolo identitario da zona”, conclúe Portela.

ÚLTIMAS

“Abrazando o bo trato” no Pazo de Tor

Baixo o lema “Abrazando o bo trato” realizouse visita guiada polo museo reparando nas pezas...

O PP lucense esixe garantir a seguridade no tramo de vía Monforte-Ourense

Os deputados do PP lucense amosan "a súa preocupación ante os problemas detectados durante...

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...