HomesociedadeO monfortino Javier Pérez asume a dirección en funcións de Renfe Viaxeiros

O monfortino Javier Pérez asume a dirección en funcións de Renfe Viaxeiros

Compaxinará este cargo co de director de Alta Velocidade e Servizos Comerciais tras unha reorganización de Renfe en postos directivos. A actual directora de Renfe Viaxeiros, Sonia Araújo, pasará á dirección xeral de Innovación, Sustentabilidade e Transformación Dixital.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Trátase dun novo avance na estratexia lanzada recentemente polo seu presidente, Raül Branco, para transformar a empresa durante os próximos anos, no marco do Plan Estratéxico 2028, co obxectivo de mellorar a competitividade, progresar cara a unha xestión máis eficiente, optimizar os recursos e garantir a sustentabilidade dos negocios da compañía”, sostén Renfe nun comunicado.

Javier Pérez é licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Santiago de Compostela. Ingresou en Renfe en 2010 e, desde entón, foi xerente de Galicia de Servizos Públicos, xefe da área de Coordinación de Servizos Comerciais no Corredor Norte e director da área de negocio de Alta Velocidade e Servizos Comerciais e representante institucional do grupo Renfe en Galicia.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...