HomePolíticaConcentracións e recollida de firmas para recuperar os trens nocturnos

Concentracións e recollida de firmas para recuperar os trens nocturnos

O concelleiro nacionalista en Monforte, Emilio Sánchez, reclama que se cumpran os compromisos asumidos por RENFE no ano 2021.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG de Monforte desenvolverá unha serie de accións para reclamar que se cumpran os compromisos asumidos por Renfe no 2021 para a recuperación progresiva dos servizos suprimidos pola pandemia.

Este 25 de xaneiro de 2024, entre as 10:30h e as 13:00h organizan recollida de sinaturas na Rúa Cardenal de Monforte. O sábado 27, ás 12:00h, terán concentración diante da estación de ferrocarril de Monforte. Como xa fixo o pasado día 21 de decembro, desenvolverase simultaneamente na estación de Sants, en Barcelona, e contarase coa presenza de Néstor Rego, deputado do BNG no Parlamento español.

A nivel institucional, no vindeiro pleno, do día 29 de xaneiro, os nacionalistas presentarán unha moción na que solicitan que o Concello de Monforte inste ao Ministerio de Transportes y Mobilidad Sostenible, á reposición dos trens nocturnos, “cumprindo así co compromiso
asumido en 2021″.

Lembran desde o BNG que o ferrocarril é un dos medios de transporte máis sustentables e ecolóxicos que existen, sobre todo o de longas distancias. Tanto a Unión Europea, como numerosos Estados membros, están a potenciar o tren como medio de transporte prioritario, rexurdindo así os trens hoteis nocturnos. No Estado español, coa escusa da pandemia, RENFE suprimía os trens nocturnos, “e pérdense as conexións dos trens nocturnos que unían Galiza con Madrid e Barcelona, como xa se perdeu con anterioridade a conexión con Irún. Esta política de recortes é especialmente daniña para as comarcas do sur de Galiza, onde o ferrocarril foi e é un elemento dinamizador no social e no económico”.

ÚLTIMAS

Este 20 de xullo comeza o Ciclo Mestre Mateo na Pobra do Brollón con 10 proxeccións ata outubro

O Ciclo Mestre Mateo volve este 2025 á Pobra do Brollón grazas á Academia...

O PP de Monforte pedirá no pleno instar ao Ministerio de Transporte a mellorar as frecuencias ferroviarias da cidade e rematar as obras da...

A voceira popular, Katy Varela, destaca que “non se trata de cores políticas, senón...

Os socialistas de Triacastela acusan ao goberno local da marcha da maior empresa local

Metal Power é unha empresa familiar que conta con preto de vinte traballadores, sendo...

Darío Piñeiro, alcalde de Láncara, anuncia que ten cancro de pel e delega temporalmente no seu número dous

O alcalde de Láncara, o socialista Darío Piñeiro, anunciou que padece cancro de pel...