HomeEconomíaAIE Ribeira Sacra Next: "O proxecto está resultando moi interesante, imos seguir...

AIE Ribeira Sacra Next: “O proxecto está resultando moi interesante, imos seguir sumando e medrando”, aseguran desde a Agrupación despois de varias reunións con concellos da Ribeira Sacra

Xa se sumaron oificialmente á AIE Ribeira Sacra Next, os concellos de Sober, O Saviñao, Pantón, A Pobra do Brollón, Taboada, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Parada de Sil, Montederramo e Nogueira de Ramuín.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Agrupación de Interese Ecomómico Ribeira Sacra Next constituíase legalmente hai un ano e neste 2024, responsables da Agrupación centran os esforzos en darse a coñecer nos diferentes municipios da Ribeira Sacra de Lugo e Ourense. O obxectivo: poder contar con todos os municipios do territorio Ribeira Sacra como socios colaboradores da Agrupación.

A primeira destas reunións de presentación celebrouse cos alcaldes do Saviñao, Sober, Pantón e A Pobra do Brollón. Seguiulle encontro cos alcaldes de Nogueira de Ramuín e Monforte de Lemos. A Teixeira, Parada de Sil, Montederramo, Chandrexa de Queixa e Xunqueira de Espadanedo foron as seguintes citas de presentación da Agrupación que esta semana reuníase cos alcaldes de Quiroga, Ribas de Sil, A Pobra de Trives, Manzaneda e San Xoán de Río e alcaldesa de Castro Caldelas.

Desde a Agrupación amosan a súa satisfacción pola receptividade que está tendo a AIE Ribeira Sacra Next, “Tanto os concellos como outras agrupacións e asociacións importantes na zona aseguran que o proxecto lles parece interesante. Todos estamos dispostos a seguir sumando e medrando”.

Na axenda de próximas reunións figuran os concellos de Chantada, Carballedo, Portomarín, Paradela e Bóveda; ademais das deputacións de Lugo e Ourense. A Agrupación segue informando a empresas e autónomos/as interesados/as, mentres que hai entidades que ademais de animar o traballo que se está a desevolver, deron xa o seu si a formar parte como socios colaboradores. É o caso dos concellos de Sober, O Saviñao, Pantón, A Pobra do Brollón, Taboada, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Parada de Sil, Montederramo e Nogueira de Ramuín. Tamén quixeron entrar a formar parte como socios colaboradores a Comunidade de regantes, Fundación Belarmino Fernández, Prodeme e CCU de Monforte de Lemos.

A AIE conta, polo momento, con máis de 60 empresas que suman máis de 400 traballadores e unha facturación de máis de 90 millóns de euros. Todas as empresas e autónomos/as interesados/as en participar deste novo proxecto empresarial poden obter información e incribirse na web provisional da AIE, ribeirasacranext.gal

ÚLTIMAS

O Ministerio de Transportes afrontará a remodelación do firme da N-540 tras a Semana Santa

O Goberno inviste preto de 11 millóns de euros na renovación integral do viario...

XVI Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas na Feira do Viño de Quiroga

Dentro do actos da Feira do viño de Quiroga, o día 19 a partir...

1,3 millóns de euros para reforzar a calidade da subministración eléctrica na Comarca de Chantada

No municipio de Chantada, UFD executou a ampliación de capacidade e optimización da fiabilidade...