Homesociedade600.000€ da Vicepresidencia da Deputación en 554 axudas para asociacións culturais

600.000€ da Vicepresidencia da Deputación en 554 axudas para asociacións culturais

O Boletín Oficial da Provincia de Lugo publicou este martes, 6 de outubro, a listaxe definitiva das asociacións culturais beneficiarias das axudas convocadas pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, cun importe total de 600.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A resolución concede 554 axudas, 318 para a organización de actividades de interese cultural e 236 para investimentos en melloras e equipamentos de locais, con importes que oscilan entre os 800 e os 2.500, dacordo cos criterios establecidos nas bases.

A deputada de Cultura, Iria Castro, destaca “o traballo realizado polo servizo de Cultura para adiantar a resolución desta convocatoria, que tivo como todos os anos unha ampla demanda e que mostra o dinamismo do tecido cultural en todo a provincia”.

Foliada, magostos, actividades de teatro e maxia, obradoiros e clases de música e baile tradicional, xornadas de promoción e divulgación do patrimonio, certames de debuxo, pintura ou escritura, a edición de publicacións ou viaxes culturais figuran entre as actividades financiadas con estas axudas, que se distribuén, maioritariamente, entre pequenos colectivos culturais de todas as comarcas.

Nos investimentos, repítense as solicitudes de axudas para a compra de equipamento audiovisual e informático e outros elementos relacionados coa produción e a organización de eventos culturais como mobiliario e iluminación.

As asociacións culturais teñen ata o 31 de marzo de 2027 para presentar a xustificación das subvencións. A documentación necesaria para realizar este trámite estará dispoñible na web da Deputación de Lugo, no apartado de Cultura.

ÚLTIMAS

Cortan un tramo da N-120 próximo ás vilas de Quiroga e San Clodio

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostenible comezou o pasado luns 5 de outubro...

O Camiño de Inverno e o ceo Starlight de Chantada danse cita o 9 de outubro na xornada Ceo no Camiño

A iniciativa que forma parte da actividade astroturística do Concello de Chantada está financiada...

Chantada comeza as obras de rehabilitación do edificio da Academia como nova Casa Consistorial

Este luns, 5 de outubro, asinouse a acta de replanteo que permitirá comezar coas...

Este xoves, 8 de outubro, comeza no Multiusos de Monforte a programación teatral do último trimestre

O concello de Monforte presenta unha completa programación teatral deseñada desde a Concellería de...