HomesociedadeA Asociación de Municipios do Camiño de Inverno a Santiago preséntase en...

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno a Santiago preséntase en Fitur

Alcaldes como o de Monforte de Lemos e Pantón participaron durante a Feira Internacional de Turismo (FITUR), na presentación da asociación de Municipios do Camiño de Inverno a Santiago que tivo lugar no stand da Xunta.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No acto de presentación en Fitur, o presidente da Asociación avanzou algunhas das iniciativas relacionadas co Camiño de Inverno que se anunciarán proximamente, e nas que os concellos polos que pasa o Camiño colaboran activamente como membros de dita asociación.

A asociación segue a traballar na promoción, mellora e difusión do Camiño de Inverno, e xa iniciou a súa folla de ruta de cara ó próximo Ano Santo Xacobeo, que terá lugar no ano 2027.

José Tomé, destaca “a importancia de traballar unidos e baixo o obxectivo común da difusión desta ruta xacobea, que supón un incentivo promocional máis dentro da oferta turística de Monforte e da Ribeira Sacra”.

ÚLTIMAS

O delegado do Goberno en Galicia destaca en Sarria o funcionamento da campaña “Non Camiñas Soa”

A campaña lévase a cabo desde o ano 2021 para reforzar a protección das...

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...

Intensa actividade promocional da D.O. Ribeira Sacra

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra impulsa este mes de xuño unha destacada...

“Non me gusta o fútbol moderno e non me gusta o VAR!”, ‘Chura’, exadestrador do C.D. Brollón

Juan Carlos Gallardo Martínez, coñecido popularmente como ‘Chura’, rematou a tempada como adestrador do...