HomesociedadeMonforte conmemorou o Día Mundial contra o Cancro na rúa Cardenal

Monforte conmemorou o Día Mundial contra o Cancro na rúa Cardenal

Este venres pola mañá a Tenente de Alcalde, Gloria Prada e o Concelleiro de Obras, Medio Rural, Servizos e Medio Ambiente, José Luis Losada, participaron na rúa Cardenal dos actos de celebración do “Día Mundial contra o Cancro”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación Española contra o Cancro en Lugo organizou ás 12:00h. deste 2 de febreiro, na rúa Cardenal de Monforte, un acto para celebrar o Día Mundial contra o Cancro”.

Representantes desta asociación en Monforte leron un manifesto e unha paciente oncolóxica tamén aportou a súa testemuña sobre esta enfermidade.

O concello de Monforte colabora estreitamente coa Asociación Española contra o Cancro en Monforte, coa cesión de 3 locais, desde os que atenden a enfermos e familiares relacionados con esta enfermidade, e tamén na organización da Carreira contra o Cancro, cuxa última edición celebrouse en novembro de 2023.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...