HomesociedadeA D.O. Ribeira Sacra promociónase na Barcelona Wine Week

A D.O. Ribeira Sacra promociónase na Barcelona Wine Week

Desde este luns e ata o vindeiro mércores, día 7 de febreiro, celébrase en Barcelona a feira BWW (Barcelona Wine Week) onde se da a coñecer diversidade territorial do patrimonio vitivinícola español.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No espazo expositivo que a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL) dependente da Conselleria de Medio Rural, ten na feira participan con stand propio 5 adegas da Denominación de Orixe:

  • Adega Saiñas C.B.
  • Dominio do Bibei S.L.U.
  • Finca Cuarta (Rubén Moure Fernández)
  • Pazo de la Cuesta S.L.U.
  • Viñas de Belesar S.L.U.

Estas cinco adegas darán a coñecer ao público profesional que visite a feira o seu catálogo de viños, tamén outros viños da D.O. están presentes a través dos seus distribuidores ou representantes.

Todos eles acoden a esta feira coa finalidade de establecer novas relacións comerciais e de abrir novos mercados; e de manter os contactos xa existentes, así como dar a coñecer a nova anada e as novas elaboracións que caracterizan aos viños coa Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

A BWW por terceira edición consecutiva supera as súas propias marcas en número de expositores e participantes, converténdose así nunha feira referente a nivel internacional e nacional.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...