HomeDeportes5 anos recibindo a Eduardo Iglesias despois de participar no Dakar

5 anos recibindo a Eduardo Iglesias despois de participar no Dakar

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, recibiu este mércores, acompañado pola 1ª tenente de alcalde, Gloria Prada, e o concelleiro de Obras e Servizos, José Luís Losada, a Eduardo Iglesias, piloto monfortino de motos que participou na última edición do Rally Dakar, disputado en Arabia en xaneiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde aproveitou a ocasión para felicitar ó piloto monfortino pola súa participación e logros acadados nesta importante competición deportiva, e por obter a súa segunda mellor participación neste ano 2024. Quendando de 53 no 2021.

Na visita, o piloto monfortino, acompañado por Jesús Veloso, membro do seu equipo, fíxolle entrega ó alcalde dunha camiseta conmemorativa e unha fotografía enmarcada. Eduardo Iglesias tamén mostrou a medalla que recibiu por rematar esta dura proba, “que ten máis mérito se cabe, porque dos 19 pilotos de motos españois que se inscribiron no Dakar deste ano, so 6 conseguiron chegar á meta final e acabar o rally. Deses 6 pilotos que finalizaron, Eduardo Iglesias acadou o 3º mellor posto”.

Eduardo Iglesias, nas súas cinco participacións consecutivas rematou a proba en catro delas: en 2020, quedou no posto 94, en 2021 no posto 53, en 2022 no posto 78 e 2024 no posto 75. En 2023, un accidente na etapa prólogo impediulle seguir en competición.

O Concello de Monforte foi un dos patrocinadores destacados, xunto coa Deputación de Lugo, do piloto monfortino. O Concello aportou 5.000€ para apoiar esta participación, que se suman ós 15.000€ aportados pola Deputación de Lugo. “Deste xeito, a imaxe de Monforte de Lemos, da Ribeira Sacra e da provincia de Lugo estiveron presentes no uniforme e na moto do piloto, significando unha importante proxección internacional das mesmas, dada a enorme repercusión mundial que ten a que é a proba de motor máis importante do mundo, tanto en medios de comunicación nacionais e internacionais como nas diferentes canles dixitais e redes sociais, con máis de 200 millóns de telespectadores”, destacou o alcalde que felicitou en nome de todos/as os/as monfortinos/as ao piloto polos seus éxitos.

ÚLTIMAS

Chantada estuda o uso do galego nas inscricións funerarias

A docente do Instituto Val do Asma, Tania Vázquez, respondeu á chamada da intervención...

Este 5 de xaneiro os Reis Magos chegan a Quiroga e Chantada

Este domingo, 5 de xaneiro, achegaranse ata Quiroga as Súas Maxestades os Reis Magos...

Sober mantén o seu ‘idilio’ co Premio María Moliner

A delegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, vén de recoñecer a excelencia da...

Queres coñecer e votar polas mellores fotos do certame de Nadal de Segredos de Pantón?

A asociación dinamizadora Segredos de Pantón vén de facer público o comezo do prazo...