HomePolítica"Votos polo cambio", pide o BNG nun encontro en Quiroga

“Votos polo cambio”, pide o BNG nun encontro en Quiroga

O candidato do BNG por Lugo, Iago Suárez, estivo acompañado por RosaAna Prieto Florines, concelleira en Pantón e candidata tamén por Lugo, e Xosé Manuel Fernández, concelleiro e 2º Tenente de Alcalde no Concello de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No Restaurante Las Vegas de San Clodio falouse de mobilidade e da posta en valor dos sectores con máis potencial produtivo da Comarca de Quirroga. O encontro que formaba parte da campaña das Eleccións Autonómicas do vindeiro 18 de febreiro tiña dous obxectivos principais: facer balance do traballo que se vén realizando polo BNG na Comarca, con presenza nos Concellos de Ribas de Sil e de Quiroga, e con representación política no Equipo de Goberno neste último concello; e dar a coñecer os trazos estruturais do programa do BNG para presidir a Xunta de Galicia.

Os tres falaron dee accións concretas, iniciadas e que e seguen en marcha, no ámbito das infraestruturas e mobilidade, tales como a petición de melloras para a N-120, ou a defensa das comunicacións ferroviarias, con especial atención á recuperación dos trens nocturnos a Barcelona “peticións innegociables para a Comarca de Quiroga que ten no despoboamento o reto máis difícil. Con politicas de mobilidade axeitadas poderíanse combinar os traxectos e facer vida normal e diaria dentro da propia comarca e cara as vilas e cidades próximas, pero en todo caso habería que facer noite para volver”, explicou Xosé Manuel Fernández tras dar a coñecer parte dun estudo no que se contemplan as alternativas de transporte público por estrada que ten a comarca, entre os concellos que a conforman, e co resto da provincia e de Galicia.

Deron a coñecer os grandes trazos do programa do BNG para este 18F, onde deron conta da importancia de potenciar os sectores produtivos desta comarca como son o forestal, o agroalimentario (viño e aceite preferentemente) e o turístico como “ferramenta de desenvolvemento territorial”. Todos apelaron a que o 18F as urnas, “hoxe baleiras para todos se enchan de votos polo cambio, e que as ganas de mudanza se acumulen na papeleta do BNG”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...