HomesociedadeHomenaxe ao monfortino Moncho Díaz no aniversario do seu pasamento

Homenaxe ao monfortino Moncho Díaz no aniversario do seu pasamento

Familia e amigos tiveron un encontro no local da Sociedade La Fraternal o pasado 17 de febreiro.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Moncho Díaz, natural de Vilanova (Monforte) e compoñente que foi do mítico grupo tradicional Fuxan Os Ventos, recibiu unha pequena homenaxe co gallo do primeiro aniversario do seu pasamento (17 de febreiro de 2023).

A familia, amigos e amigas de Moncho Díaz –algúns da infancia–, reuníronse no local da Sociedade La Fraternal, do barrio da estación de Monforte, para lembrar a súa figura coincidindo co cabo de ano do seu falecemento.

O acto, que consistiu en comer empanada acompañada de viño da Ribeira Sacra, contou tamén con coñecida xente da cultura galega como Uxía Senlle que, xunto con outros artistas, interpretaron un pequeno repertorio musical. “Cantamos moitas das cancións que lle gustaban a el ou que cantaba como ‘Menina estás á janela’, ‘o Carro’, ‘Yolanda’…”, comenta Noa Díaz, unha das súas fillas.

Faia, Tereixa e Noa, fillas e muller de Moncho. Foto: Suso Montero.
Uxía Senlle á guitarra con outros músicos. Foto cedida.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...