HomesociedadeO alcalde de Monforte recibe ó novo inspector xefe da Policía Nacional

O alcalde de Monforte recibe ó novo inspector xefe da Policía Nacional

José Tomé Roca recibiu no seu despacho da Casa do Concello ó novo Inspector xefe da Policía Nacional en Monforte, Pablo Fernández López, que tomou posesión do seu cargo hai uns días.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O encontro foi unha primeira toma de contacto e serviu para facer un repaso de cal é o estado actual da seguridade en Monforte e destacar a necesidade de continuar coa vontade de colaboración entre os diferentes corpos de seguridade do Estado: Policía Local, Policía Nacional e Garda Civil. Falouse do futuro edificio que albergará a Comisaría da Policía Nacional en Monforte cun orzamento de partida de preto de 4,7 millóns de euros.

O rexedor destacou que durante a conversa “constatamos que o noso é un Concello tranquilo e cun baixo nivel de delincuencia; pero iso non significa que teñamos que baixar a garda, debemos seguir traballando conxuntamente para poder reducir ese nivel, na medida do posible”.

O novo inspector xefe da Policía Nacional de Monforte, Pablo Fernández López naceu en Ferrol, no ano 1972. É diplomado en graduado social e licenciado en Ciencias Policiais. Ingresou en 1999 na escala executiva da Policía Nacional.

En canto á traxectoria profesional destaca que estivo como xefe do MIP na comisaría local de Telde nas Palmas de Gran Canaria, foi xefe do Grupo Operativo da Brigada da Policía Xudicial en Galicia e dende o 2019, é xefe da Brigada Provincial de Seguridade Cidadá de Lugo ata este ano 2024, que acada o posto de xefe da Comisaría de Monforte de Lemos.

Ten numerosos cursos de xestión policial e entre os distintivos cos que conta o novo xefe, ten máis de 60 felicitacións públicas, 3 cruces ao mérito policial con distintivo branco, 1 medalla á dedicación ao servizo policial, entre outros recoñecementos.

Pablo Fernández substitúe no cargo a Tomás García, que en agosto de 2023 asumiu o mando desta comisaría de Monforte. Neste senso, o Alcalde tamén tivo palabras de recoñecemento e agradecemento ó traballo desempeñado en Monforte nestes últimos meses polo anterior inspector.

ÚLTIMAS

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...