HomesociedadeAvánzase na supresión dos pasos a nivel de Río Seco e Juan...

Avánzase na supresión dos pasos a nivel de Río Seco e Juan Montes en Monforte

O Salón de Plenos do Concello de Monforte acollía esta semana o proceso de comunicación de levantamento de actas previas á ocupación das fincas afectadas polo “Proxecto de supresión dos pasos a nivel dos puntos quilométricos 361/620 e 361/845 na liña León – A Coruña no termo municipal de Monforte de Lemos”, que suporá a supresión dos pasos a nivel de Juan Montes e Río Seco.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende a Dirección General de Planificación y Evaluación de la Red Ferroviaria convocouse ós titulares dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación forzosa para a urxente ocupación das fincas afectadas por este proxecto, ó levantamento de Actas Previas á Ocupación das referidas fincas.

Este proceso iniciouse logo de que dende ADIF (Administración de Infraestructuras Ferroviarias), instase, o 24 de outubro de 2023, a incoacción do expediente de expropiación forzosa para dispoñer dos terreos necesarios para a execución das obras do citado proxecto de supresión dos pasos a nivel de Juan Montes e Río Seco.

Dita aprobación conleva a declaración de utilidade pública ou interese social, a necesidade de ocupación dos bens afectados e a declaración de urxencia da mesma, en virtude da Lei 38/2015, de 29 de setembro do Sector Ferroviario, sendo polo tanto de aplicación os preceptos contidos no artigo 52 da Lei de Expropiación Forzosa de 16 de decembro de 1954 y concordantes do Regulamento de 26 de abril de 1957.

Deste xeito, dende o Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible do Goberno de España séguense dando os pasos necesarios para levar a cabo este proxecto de supresión de pasos a nivel dos puntos kilométricos 361/620 e 361/845 na liña León – A Coruña, logo de que o 15 de xuño fora publicada a súa licitación na plataforma de contratación do sector público por 8.273.522,43 €.

Supresión dos pasos a nivel de Rioseco e Juan Montes

O Alcalde, José Tomé Roca, recorda que “as xestións para suprimir os pasos a nivel citados comezaron no ano 2018, aceptando ADIF a solución proposta en outubro do ano 2019. Como consecuencia, levaremos a cabo a urbanización de toda a zona que vai dende o Restaurante Ronda ata a Carretera de Reigada, cambiando totalmente o aspecto físico desa zona dos barrios da Estación, Morín e Rioseco”.

A licitación do proxecto estaba previsto que se levara a cabo no ano 2022 pero debido ó incremento de prezos dos materiais despois da pandemia da Covid-19, o Goberno de España aprobou un Decreto e a Xunta de Galicia outro, no que regulaban a revisión de prezos dos proxectos con un incremento aproximado dos mesmos, dun 20%.

A previsión do custe destas obras ascendía ao redor de 6.000.000 €, que, unha vez revisados nese 20% aproximado, ascende a 8.273.522,43 €, o que supón unha inversión moi importante que vai a supoñer dinamizar toda esa zona.

Con estas actuacións construiranse 5 rúas novas, un paso inferior, unha rotonda e unha ponte que poñerán en valor a zonas sinaladas. As novas rúas pasarán a ser de titularidade municipal, sendo incluídas no inventario de bens do Concello de Monforte.

“En definitiva”, conclúe o Alcalde, “seguimos dando os pasos necesarios para desenvolver un proxecto de moito calado que sen dúbida contribuirá a mellorar estas zonas da cidade e a aumentar a seguridade de vehículos e persoas”.

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...