HomesociedadeDispositivo da Deputación de Lugo para afrontar as nevadas da fin de...

Dispositivo da Deputación de Lugo para afrontar as nevadas da fin de semana

Os municipios máis afectados do sur de Lugo son Folgoso do Courel, Quiroga e Samos. O dispositivo de seguridade mobilizado pola Deputación está formado por 48 operarios, 16 máquinas quitaneves con saleiro, 8 pick up con saleiro e cuña quitaneves, e 8 vehículos todoterreo de apoio con útiles de intervención rápida.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación de Lugo está a traballar nas máis de 70 estradas provinciais afectadas polas nevaradas desde esta madrugada ao seu paso por 11 concellos da Montaña lucense. A institución mantén despregados 48 operarios e 32 máquinas e vehículos para paliar os efectos das inclemencias meteorolóxicas na rede viaria provincial.

Os municipios máis afectados son: Baleira, Becerreá, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Cervantes, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Quiroga e Samos.

O dispositivo de seguridade mobilizado pola Deputación está formado por 48 operarios, 16 máquinas quitaneves con saleiro, 8 pick up con saleiro e cuña quitaneves, e 8 vehículos todoterreo de apoio con útiles de intervención rápida. Así mesmo, os 12 silos de sal da Deputación dispoñen de 35 toneladas cada un para conseguir desfacer as placas de xeo que hai no firme e favorecer así a seguridade dos usuarios e usuarias das vías.

O organismo provincial mantén activo o dispositivo que puxo en marcha o xoves pola tarde ante a previsión de nevaradas, que permanecerá traballando durante, polo menos, toda a fin de semana.

CONCELLOS E ESTRADAS DO SUR DE LUGO AFECTADAS

Folgoso do Courel: LU-P-1301, de Seoane do Courel a Pedrafita; LU-P-1303, de Seoane por Visuña a Ferramulín; LU-P-1304, de Mostad por Romeor a Casares; LU-P-1305, de Campa por Vilar a Alto do Boi; LU-P-1306, da LU-651, en Megoxe a Ferreira do Incio; LU-P-4501, do Poio, por Louzarela e Teixeira á de Samos ao Courel e acceso a Meiraos; LU-P-4701, da Pobra do Brollón, por Parada dos Montes a Folgoso do Courel; LU-P-4505, de Poio por Louzarela a Teixeira; LU-P-5004, de Cruz de Outeiro por A Seara e Ferramulín ao límite provincial; e LU-P-5601, de Samos ao Courel e ramal a Santa Mariña.

Quiroga: LU-P-5001, de Ponte Barreiro a Vilarbacú; LU-P-5004, de Cruz de Outeiro, por A Seara e Ferramulín ao límite provincial; LU-P-5002, de Quiroga por Parteme a Vilar de Lor; e LU-P-5005, de Alto de Aldriz a Vilar de Lor.

Samos: LU-P-5603, de Aira Padrón, por Ponte Lóuzara a Praducelo; LU-P-5601, de Samos ao Courel e ramal de Santa Mariña; LU-P-1306, de Megoxe á Ferrería do Incio; e LU-P-5605, de Parada, por Santalla a Ponte de Lóuzara.

RESTO DE CONCELLOS E AS ESTRADAS AFECTADAS POLO TEMPORAL

Baleira: LU-P-0401, de Corveira, por Córneas ao Restelo; e LU-P-0405, de Fonteo á Lastra.

Becerreá: LU-P-0704, de Cereixal por Penamaior á Escola de Montaña; a LU-P-0707, de Armesto por Torés ás Nogais; LU-P-0708, de Cereixal a Louxas; LU-P-6221 de Triacastela polo Alto de Albela a Guilfrei; e LU-P-0702, da Estrada de Becerreá a Navia, por San Román de Cervantes a Degrada.

Cervantes: LU-P-1401, da LU-723, por Degrada e Piornedo ao límite provincial; LU-P-1404, de San Román a Quindous; LU-P-1405, de Campa da Braña a Tres Bispos; LU-P-1411, de Vilanova ao Portelo; LU-P-1412, de Quindous a Robledo, en Pena do Santo a Setecarballos; LU-P-0702, da Estrada de Becerreá a Navia, por San Román de Cervantes a Degrada; LU-P-1402, de San Martín da Ribeira por Quindous a Chaovilarín a Vilaquinte; LU-P-1403, de Vilanova a Santa Marta; LU-P-1406, de Trabado á pista dos Prados; LU-P-1407, de Bolois a Vilanova; LU-P-1408, de Fonquente a Noceda; LU-P-1409, de Quindous, por Vilar, a Robledo; LU-P-1410, de San Marín da Ribeira por Couso á LU-P-1404; LU-P-3505, de Navia por Silvouta e Vilaquinte a Donís; e LU-P-4505, de Pedrafita ao Portelo.

A Fonsagrada: LU-P-1906, de Pedrafitelas por Vilares aos Cangos; a LU-P-3601, de Acebo a Negueira de Muñiz; LU-P-1901 da Fonsagrada a Navia; LU-P-4606 de Rioxán por Boel, Chao de Pousadoiro e Carballido, a Asturias; e LU-P-4811, de Vilaimil a Carballido.

Navia de Suarna: LU-P-3501, da LU-722 por Paradela ao Alto do Restelo; LU-P-3502, de Muñís a Rao; LU-P-3508, de Rao por Murias a Balouta; LU-P-3505, de Navia por Silvouta e Vilaquinte a Donís; LU-P-3509, de Navia por Virigo ao Alto de Labiadas; LU-P-1901, da Fonsagrada a Navia; LU-P-3503, de Silvouta, por Vallo, a Vilor; LU-P-3511, da LU-P-3507 por Abrente a Asturias; e LU-P-3512 de Cancela da Serra por Son e Robledo á LU-722.

Negueira de Muñiz: LU-P-3601, do Acebo a Negueira de Muñiz; e LU-P-3602, do Acebo a Negueira por Ouviaña a Asturias.

As Nogais: LU-P-3701, das Nogais, por Pintinidoira á LU-P-4504; LU-P-4503, de San Pedro, por Busnullán e Vilasol a Nullán.

Pedrafita do Cebreiro:  As 8 estradas provinciais do municipio están afectadas.

ÚLTIMAS

Quiroga acolle a exposición  “A Casa de Galicia. 50 anos da casa de Rosalía”

A mostra, que pode visitarse na Praza de España ata o 16 de setembro,...

A cuarta campaña arqueolóxica en Penas do Castelo revela novos achados con importante información

A campaña arqueolóxica en Penas do Castelo, parroquia de Salcedo (A Pobra do Brollón)...

Monforte acolle este 7 de setembro o XXIII Festival de Habaneras

O Festival de Habaneras alcanza as 23 edicións avalado polo éxito de público das...

Augas Mestas segue sen funcionar e o PP culpa a PSOE e BNG de “non ser capaces de manter o herdado”

Os deputados populares Antonio Ameijide e Luis Fernández visitaron esta semana o complexo turístico...