HomesociedadeTraballos de mellora na N-120 ao seu paso por A Pobra do...

Traballos de mellora na N-120 ao seu paso por A Pobra do Brollón

Aplicarase no pavimento un tratamento de slurrys, material que se emprega para aumentar a adherencia do pavimento, entre os puntos 508 e 510 o seu paso por A Pobra do Brollón,

Publicado o

- Advertisement -

O Ministerio de Fomento está a realizar traballos para mellorar a adherencia do pavimento na N-120.

Os traballos comezaron este mércores e están obrigando a cortar a circulación dun carril a medida que se vai aplicando o tratamento e mentres se agarda a que este sexa absorbido e quede consolidado.

Estas melloras teñen por obxecto reforzar a seguridade no treito comprendido entre os puntos kilométricos 508 e 510 da estrada N-120 ao seu paso polo concello de A Pobra do Brollón no que se teñen producido varios accidentes de tráfico.

A actuación que se está levando a cabo consiste na aplicación dun tratamento de slurrys, material que se emprega para aumentar a adherencia do pavimento.

Está previsto que estes traballos estean rematados para a próxima semana, posteriormente, tan pronto o tempo o permita, procederase ao pintado da vía.

ÚLTIMAS

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...

Monforte adxudica as obras de mellora dos accesos ao núcleo de Souto, en Guntín

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto técnico e a adxudicación...

Ribeira Sacra e Mariña, os destinos máis demandados no programa ‘Coñece a túa provincia’

O programa Coñece a túa provincia, que impulsou a Deputación de Lugo hai seis...