HomesociedadeA Deputación despexa de neve estradas provinciais de Folgoso do Courel, Quiroga...

A Deputación despexa de neve estradas provinciais de Folgoso do Courel, Quiroga e Samos

As dificultades para circular provocaron a imposibilidade de chegar a varios centros educativos da provincia de Lugo, tanto en transporte escolar, que foi suspendido en varias rutas, como por parte do profesorado e o alumnado. Segundo informan fontes da Consellería de Educación, naqueles nos que si se puido iniciar a xornada lectiva, decidiuse suspender con antelación ante as condicións meteorolóxicas. Un dos centros sen clases foi o CPI Uxío Novoneyra do Courel,

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación de Lugo está a traballar en 70 estradas provinciais de 12 concellos afectados polas nevaradas. Pódese circular por toda a rede de vías provincial, e o operativo traballa para abrir todo o ancho dalgunhas vías que discorren polos municipios de Cervantes e Pedrafita do Cebreiro, onde a neve ten máis densidade.

Esta tarde a institución mantiña despregados 48 operarios e 32 máquinas e vehículos para paliar os efectos das inclemencias meteorolóxicas na rede viaria provincial. Os municipios máis afectados son Baralla, Baleira, Becerreá, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Cervantes, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Quiroga e Samos.

As estradas provinciais afectadas polo temporal de neve na zona sur son as seguintes::

Folgoso do Courel: LU-P-1301, de Seoane do Courel a Pedrafita; LU-P-1303, de Seoane por Visuña a Ferramulín; LU-P-1304, de Mostad por Romeor a Casares; LU-P-1305, de Campa por Vilar a Alto do Boi; LU-P-1306, da LU-651, en Megoxe a Ferreira do Incio; LU-P-4501, do Poio, por Louzarela e Teixeira á de Samos ao Courel e acceso a Meiraos; LU-P-4701, da Pobra do Brollón, por Parada dos Montes a Folgoso do Courel; LU-P-4505, de Poio por Louzarela a Teixeira; LU-P-5004, de Cruz de Outeiro por A Seara e Ferramulín ao límite provincial; e LU-P-5601, de Samos ao Courel e ramal a Santa Mariña.

Quiroga: LU-P-5001, de Ponte Barreiro a Vilarbacú; LU-P-5004, de Cruz de Outeiro, por A Seara e Ferramulín ao límite provincial; LU-P-5002, de Quiroga por Parteme a Vilar de Lor; e LU-P-5005, de Alto de Aldriz a Vilar de Lor.

Samos: LU-P-5603, de Aira Padrón, por Ponte Lóuzara a Praducelo; LU-P-5601, de Samos ao Courel e ramal de Santa Mariña; LU-P-1306, de Megoxe á Ferrería do Incio; e LU-P-5605, de Parada, por Santalla a Ponte de Lóuzara.

COLEXIOS PECHADOS EN PEDRAFITA, O COUREL, BALEIRA, A FONSAGRADA E TRIACASTELA

Pola súa banda, as dificultades para circular provocaron a imposibilidade de chegar a varios centros educativos da provincia de Lugo, tanto en transporte escolar, que foi suspendido en varias rutas, como por parte do profesorado e o alumnado. Ademais, segundo informan fontes da Consellería de Educación, naqueles nos que si se puido iniciar a xornada lectiva, decidiuse suspender con antelación ante as condicións meteorolóxicas.

Concretamente, víronse afectados os seguintes centros: CPI Uxío Novoneyra do Courel, Uxío Novoneira de Pedrafita do Cebreiro, CEIP Concepción López Rey de Baleira no Cádavo, CEIP Plurilingüe Santa María da Fonsagrada, IES Fontem Albei da Fonsagrada e CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela

ÚLTIMAS

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...