HomePolíticaO PP de Monforte urxe ao arranxo inmediato de varias rúas

O PP de Monforte urxe ao arranxo inmediato de varias rúas

O populares aseguran que no pleno deste mes acadaron o compromiso do goberno local para acometer o arranxo de varias vías do municipio que precisan dunha intervención urxente, pero apremian a que estas actuacións se fagan cantos antes sen ter que esperar ata o verán, como din, lles indican dende o goberno de José Tomé.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Unha das actuacións ás que se comprometeu o goberno local é o arranxo do firme da rúa Montepando, “unha reclamación que realizamos en numerosas ocasións é que por fin conseguiu o compromiso do goberno local”.

A outra intervención é na estrada que une as parroquias de Sindrán e Chavaga, que se atopa nun estado lamentable, chea de fochancas e totalmente intransitable.

A voceira popular, Katy Varela, explica que “somos conscientes de que cando chove hai actuacións de arranxo de rúas e estradas que non se poden realizar, pero non vemos necesario ter que agardar ao verán para poder realizar estas intervencións”.

“Ao igual que Tomé inviste miles de euros cada ano en asfaltar as mesmas rúas, estradas e camiños, dende o PP de Monforte recordámoslle que hai moitas outras rúas e estradas que precisan dun arranxo urxente”, rematou.

Estrada Sindrán / PP Monforte

ÚLTIMAS

Presentada a programación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón

A presentación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, que tivo...

15.000€ para a limpeza e roza da contorna do conxunto monumental de San Vicente do Pino

O concello de Monforte vén de contratar os traballos de desbroce na contorna do...

Medio milleiro de persoas camiñaron contra o cancro polas ribeiras de Chantada

Con saída e chegada na adega Condado de Sequeiras, cuxo apoio resulta esencial para...

Os Lactouros gozan dunha xornada de convivencia en Taramundi

A Asociación Micolóxica Os Lactouros vén de organizar unha xornada de convivencia en Taramundi...