HomesociedadeFeira de Oportunidades en San Clodio

Feira de Oportunidades en San Clodio

Será esta fin de semana, os días 2 e 3 de marzo, no Pavillón Municipal de San Clodio, en Ribas de Sil.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación de empresarios e comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel leva a San Clodio, capitalidade do Concello de Ribas de Sil, unha nova feira de oportunidades para darlle saída a moi bo prezo a produtos que teñen nos comercios. O lugar de encontro cos saldos será o pavillón municipal de San Clodio os días 2 e 3 de marzo.

Na feira poderase atopar roupa, calzado, libros, electrodomésticos e outros produtos como obxectos de agasallo, artesanía ou alimentación. Os postos de venda abrirán pola mañá, das 10:00 ás 14:00 h., e pola tarde, das 16:00 ás 20:00 h.

ACTIVIDADES PARALELAS

Para aqueles que vaian acompañados da cativada, a organización informa que haberá ludoteca pola tarde, tanto sábado como domingo de 16:30 a 18:30 horas.

E para adultos está programada a realización dun obradoiro de macramé, en horario de 11:00 a 14:00 horas pola mañá, e o sábado pola tarde, de 16:00 a 20:00 horas. Dende a asociación organizadora informan que este obradoiro será de nivel básico e consistirá na elaboración dun bolso. A persoa responsable do mesmo será Bibiana, da firma Nudito a Nudito.

ÚLTIMAS

A Cooperativa Lemos celebra a súa xuntanza anual e cea de confraternidade

A Cooperativa Lemos celebrou a súa xuntanza anual e cea de confraternidade para apoiar...

Agroma Sober leva a pleno revalorizar a Amandi, mellorando vías e fontes

A pesares de ser o nome que dá sona e historia aos viños da...

O BNG de Monforte presenta unha moción para que o Concello priorice o traballo cos bancos que manteñen atención presencial na cidade

O BNG de Monforte de Lemos presentou unha moción ao Pleno municipal para reclamar...

O PSOE de Triacastela acusa ao goberno municipal de bloquear o labor de fiscalización da oposición

O Grupo Municipal Socialista de Triacastela acusa ao goberno municipal do PP de bloquear...