HomesociedadeCelébrase a Xunta Local de Seguridade da Feira do Viño de Chantada...

Celébrase a Xunta Local de Seguridade da Feira do Viño de Chantada que terá lugar do 8 ao 10 de marzo

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, destaca o incremento da taxa de esclarecemento das infraccións por parte da Garda Civil nun 10% con respecto ao período anterior, "o que permite facer de Chantada un concello máis seguro e fortalecer a rede de seguridade para a celebración de distintos eventos, como a devandita feira".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Isabel Rodríguez copresidía este xoves xunto co alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela a Xunta Local de Seguridade do municipio e o dispositivo que se artellará para a Feira do Viño dos próximos 8, 9 e 10 de marzo. Á reunión asistiron tamén responsables de Seguridade do Concello, Garda Civil e Subsector de Tráfico, representantes da Dirección Xeral de Emerxencias e Policía Local.

A Subdelegada destacou o traballo que realizan todos os corpos de seguridade para reducir a conflitividade, así como o labor que están a facer na prevención e concienciación cidadá cos menores, pois a Garda Civil ten previsto impartir un total de 16 charlas relacionadas co acoso escolar, adicións e violencia de xénero, entre outras temáticas.

A Xunta Local de Seguridade tamén serviu de antesala para falar do dispositivo de seguridade que se vai realizar durante a Feira do Viño de Chantada, que se celebrará o 8, 9 e 10 de marzo e contará con 16 adegas, unha máis ca o ano pasado, nunhas xornadas que se agardan multitudinarias e que servirán como cita de enxalzamento do viño e tamén dos produtos locais. A feira contará ademais con actuacións musicais para amenizar as xornadas.

ÚLTIMAS

Está a arder Roxe de Sebes?

Em Soldom contarom-nos que naquela altura houvo quem pensou que César que podia ser...

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...