HomeMedio ambiente e PatrimonioPódanse cinco plataneiros no parque do barrio do Hospital de Monforte

Pódanse cinco plataneiros no parque do barrio do Hospital de Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, supervisou este xoves pola tarde a poda de 5 plataneiros ubicados no Parque do Barrio do Hospital, concretamente no paseo que discorre parello á saída do aparcadoiro de dito parque.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Membros da brigada de Parques e Xardíns da Concellería de Medio Ambiente, levaron a cabo a poda en altura destes 5 plataneiros, a través dun camión con plataforma elevadora.

Desde o concello sinalan que a poda era necesaria debido a gran altura alcanzada polas ramas das árbores que podían conlevar algún risco de rotura e caída, por mor dos temporais dos últimos tempos, evitando así posibles riscos tanto para o tráfico rodado da ronda María Emilia Casas Baamonde, así como para os viandantes que a diario transitan pola senda na que se ubican os plataneiros, en especial os usuarios do Hospital Comarcal que estacionan os seus vehículos no aparcadoiro do Parque.

A poda, ademais de sanear as árbores para que medren máis robustas, levouse a cabo acorde coa estética do resto do entorno, no que se ubica o recentemente construído Parque do Barrio do Hospital.

ÚLTIMAS

“Andares” do xornalista, Luís Celeiro, preséntase este 30 de xaneiro en Samos

O académico de número da Academia Xacobea, Luís Celeiro Álvarez e vicepresidente da Asociación...

OPINIÓN: Oitenta e catro anos da traxedia da Balsada

Ademais dos corpos arrastrados na loita contra os franceses no século XIX, moitos foron...

Os traxes tradicionais do Entroido de Budián abrirán o Desfile do 21 de febreiro en Pantón

Este ano serán os traxes tradicionais do Entroido de Budián os que abran o...

A ANPA do CEIP de Sober protesta pola “discriminación educativa” que padecen

A ANPA do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober protesta para manifestar a...