HomesociedadeReestablécese o subministro de auga nas parroquias de Monforte

Reestablécese o subministro de auga nas parroquias de Monforte

Este sábado, o alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa do total reestabelcemento do subministro de auga en Monforte, concretamente nas parroquias do Concello, logo de que Unión Fenosa-Naturgy arranxase a avaría que a caída dunha árbore provocou no tendido eléctrico que dá servizo á planta potabilizadora de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A avaría, que tivo lugar o pasado día 26 de febreiro, provocou unha falta de abastecemento no subministro de auga, logo de que se producira o baleirado dos depósitos da potabilizadora, por mor de dita avaría, tal e como explican desde o concello de Monforte.

A instalación dun xerador por parte de Naturgy, logo dos requerimentos levados a cabo tanto dende o Concello como dende a empresa Aqualia, permitiu o reestablecemento do servicio na cidade. “Debido á extensa rede de tubaxes do Concello, que abrangue moitos quilómetros, no puntos máis altos dalgunhas parroquias tardou máis en chegar o subministro”, sinala o alcalde.

Logo de rematar os traballos de reparación da liña eléctrica por parte de Unión Fenosa, a planta potabilizadora ven de recuperar o seu funcionamento normal, e as zonas das parroquias afectadas recuperaron a normalidade do servizo.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...